Boa victoria para o Calvo Xiria que foi quen de imporse este pasado domingo na casa do campión da Primeira Autonómica nesta tempada, o Bm. Reconquista de Vigo.
As carballesas saíron ben ó encontro, con algúns erros na defensa, pero que pouco a pouco foron paliando ata conseguir un nivel máis habitual da zaga coruñesa. Con alternancias no electrónico durante a primeira parte do encontro, apareceu a porteira carballesa facéndose grande dende as zonas exteriores e otorgándolle ó equipo un plus máis que lles permitiu encarar os vestiarios con vantaxe no marcador(11-13).
Na reanudación chegaron os piores momentos do encontro das de Zarra, que se deixaron apoderar do desorden no xogo, factor que favoreceu ás viguesas que volveron a mandar no electrónico ata sumar un 15-13 o seu favor, cortado cun tempo morto do Calvo Xiria, necesitado de ordenar ideas. Despois diso, a dinámica da primeira metade voltou ó encontro e as do Xiria foron quen de dar a volta á situación.
Nos intres finais, as carballesas confirmaron dous puntos que lles certifica a cuarta posición para unha Final Four que competirán como locais o fin de semana do 20/21 de abril