O Calvo Xiria comeza o ano cun emocionante empate

O Calvo Xiria araña un empate no último minuto diante do Lavadores B e xa é líder en solitario.

Chegaba a Carballo o único conxunto que conseguiu os dous puntos diante das nosas para a desputa dun choque que se presaxiaba de máxima igualdade. Nuns primeiros minutos grises do ataque local, a intensidade defensiva e a boa actuación de Sara en portería mantiñan en partido as nosas (0-3 no minuto 10). Esta renta inicial supuxo unha losa para as nosas, pero un bo final da primeira metade liderado por Minia minimizaba a distancia ata o 10-11.

Os primeiros minutos da segunda metade parecían unha copia do comezo: o Xiria atascado en ataque, pero moi solvente en defensa, agora co apoio en portería de Nadia. O conxunto visitante acadou rápido outra vez a renda de tres goles chegando ós últimos dez minutos 14-17. O Xiria, agora liderado por Aida, conseguía igualar chegar ó derradeiro minuto 19-20. Tras un tempo morto, un gol de Marta igualaba a contenda  e a propia Aida tivo un 7m co tempo cumplido para acadar a vitoria, pero a porteira visitante, moi atinada durante todo o encontro, gañou o duelo. 

Empate moi traballado e punto moi valioso que serve para continuar a racha de catorce encontros seguidos sen perder das nosas. Esta semana o Calvo Xiria visita ó Chapela coa meta de seguir mantendo o liderato unha semana máis.