O Calvo Xiria compite pero perde en Lalín

O Calvo Xiria realizou unha boa primeira metade onde se foi ao descanso por diante no marcador; pero cometendo demasiadas perdas de balón; que deixaron ao seu rival con vida. Na segunda metade; os dous equipos cambiáronse as tórnas; Lalín foi mellor e aproveitou o seu momento para irse no marcador e ao cabo gañar o partido.

Un inicio de encontro esperado; cun ritmo alto e rápidas transicións por parte dos dous equipos. Marcador igualado; pero o Calvo Xiria que se atopaba cómodo en tarefas defensivas; non conseguía materializar á contra; ocasionando demasiadas perdas de balón; o que permitía ao Lalín estar preto no marcador. Unha constante durante a primeira metade; onde o Calvo Xiria foi superior ao seu rival. Ao descanso 13 a 14.

Tras a continuación; o Calvo xiria conseguía marcar a súa primeira ocasión e establecer unha diferenza de dous goles; pero unha rigorosa exclusión, permitiu aos locais empatar o encontro e cambiar o signo do encontro. O Calvo Xiria empezou a ter máis dúbidas en ataque posicional; o que aproveitaría Lalín para marcar rápido ao contraataque por medio de Ramón.

Ordenábase o Calvo Xiria cun tempo morto; e un parcial de 0-2; pero rapidamente, as dúbidas volvían aflorar; perdendo a claridade de ideas en ataque e perdendo balóns fáciles que poñían en desvantaxe de ata 6 goles. A partir de aí; o Xiria tentouno presionando ata o final, pero demasiados erros para acabar reducindo as diferenzas ata os 4 goles.

Bo encontro e que servirá para seguir crecendo nunha liga moi disputada onde cada semana depáranos encontros intensos e emocionantes.

Disiclín Balonmán Lalín 29 – Calvo Xiria 25

Disiclín Balonmán Lalín (13+16): Tomás Villarroel, Juan Lago (2), Ramón Gil (13), Adrián Crespo, Martín Losón (2), Miguel García (1), Bruno Fernández (2), Jorge López, Román Pedreira, Xabier Fernández (1), Oscar Couto, Javier Iglesias (4), Iago González, Roberto Álvarez (2), Adrián Ferradas, Breixo Pereira.

Calvo Xiria (14+11): Darío Calviño (p), Antonio Mato (1p); Aarón Rodríguez (2), Fran Rey, Julián García (1), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (4), Pablo Veiga (1), Manu Méndez (4), Jorge Bouzas (3), Carlos Varela, Mario Cancela (3), Martín Fuentes (2).

Árbitros: César Díaz e Carlos Manuel Alonso.

Marcador cada 5 minutos: 4-3, 7-6, 8-7, 10-11, 11-12, 13-14, (descanso), 16-16, 21-17, 24-20, 26-21, 28-22 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 11ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Lalín Arena (Lalín).