O Calvo Xiria completa un partido inmenso e non dá opción ao Rodosa Chapela

Onte Sábado enfrontábanse no Vila De Noia dous claros aspirantres ao título, o Calvo Xiria, colider invicto ata o momento e o Rodosa Chapela, un firme candidato que chegaba a Carballo despois de impoñerse ao Lalinense na anterior xornada.

Os de Chapela acudían con toda a súa artillería, sabedores de que unha vitoria ante os verdinegros colocaríaos de novo no escaparate dos postos de ascenso.

O momento para os de Xiria era delicado, xa que ademáis da contrastada calidade do rival, deberían de superarse ante a baixa de Iván Amarelle, a pubalxia de Brais e as molestias no abdutor de Jorge. A parcela defensiva era a que máis preocupaba ao técnico carballés por estes contratempos e supoñía un gran reto para todo o conxunto.

Neste contexto, os de Xiria volveron estar sobresaintes e foi xustamente nesa faceta, a defensiva, onde se comezou a fraguar a que sería unha vitoria sen paliativos ante un gran rival. Nos primeiros trinta minutos a retagarda estivo a un nivel superlativo e a colaboración coa portería rozou a perfección. Os éxitos defensivos acumulábanse e permitían despregar as rápidas transicións que nunha e outra ocasión martilleaban a portería rival. O Rodosa Chapela empequeñecía por mérito dos bergantiñáns, que afogaban á primeira liña redondelana e pechaban os espazos de pase ao pivote.

No ataque posicional, a procura de amplitude a través dos cruces e a velocidade posterior na continuidade do balón danaban a retagarda rival, que non era capaz de chegar a pechar os espazos efectivos cara ao lanzamento. Eran momentos de dominio absoluto onde os de Carballo estaban de doce e a xente divertíase cun balonmán excelso e dinámico nunha bancada abarrotada. Con 18-9 ao descanso, o Calvo Xiria percorrera máis da metade do camiño que lle levaría ao obxectivo final ,pero era necesario referendalo na continuación ante un conxunto ao que lle sobran argumentos para remontar esta diferenza.

O Rodosa Chapela puxo todo o empeño en tal labor, tentouno cambiando a sua defensa a 5:1 e en ataque xogando en 2:4 e aínda que logrou reducir a diferenza a cinco goles (23-18), o que nunca conseguiu é que o Calvo Xiria descompuxésese. Estes continuaron co seu plan de xogo para finiquitar o partido cun definitivo 10-3 no últimos quince minutos do envite.

Esta importante vitoria con inmellorables sensacións, permite ao Calvo Xiria seguir colider e invicto cun colchón de seis puntos sobre o Rodosa Chapela. A semana será importante para coidar a Brais e Jorge das súas respectivas lesións e para que Amarelle volva á rutina de adestramentos co grupo. Todo co obxectivo de afrontar o próximo partido en Vigo fronte ao Octavio que aínda non coñece a vitoria en liga e co firme propósito de conseguir dous novos puntos que lles manteñan en tan privilexiada posición.

Calvo Xiria: 33 (18+15). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1),  Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4), Chimpo (10), Carlos García (8), Juanka (3), Iago Franco, Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (1).

Rodosa Chapela: 21 (11+8). Chema Cid (3), Galiano (1), Rubén Figueirido (6), Roberto Sánchez (1), Roberto Casero, Rubén Gómez (2), Adrián Lomba (1), Pablo Martínez (1), Pablo Casal (4), David Rey (1), Iván Gómez, Alex Sánchez, Pablo Vidal (1), Carlos Ferreira.

Parciais cada 5´:3-1 / 7-3/ 7-5/ 10-7/ 13-7/ 18-9/Descanso/22-11/ 23-15/ 23-18/ 26-19/ 30-19/ 33-21. Final

Colexiados: Mª Angeles Madrazo e Luis Alberto Ramos. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Encontro da 11ª xornada da 1ª nacional celebrado nun pavillón Vila De Noia abarrotado de público.