O Calvo Xiria consegue a vitoria co bo traballo da segunda parte

Nunha primeira parte moi igualada, o Calvo Xiria, rompía o partido a través da defensa 6:0, ben acompañada por Antonio Mato en portería; que deixaron un parcial de 15 a 7 nos seguintes 30 minutos, onde tivo ocasións para que o marcador fose máis amplo.

No inicio de partido, os sistemas defensivos deixaban espazos, dentro de 9 metros; permitindo aos pivotes anotar goles e ser protagonistas. A mellor efectividade no lanzamento; dáballe ao Xiria pequenas vantaxes.

Co paso dos minutos e co Xiria tratando de atopar a mellor maneira de frear o xogo 2×2 dos visitantes, as exclusións lastraban o xogo local, e o Carnes DoRibeiro chegaba a empatar o choque. Un arreón final, daba de novo vantaxe ao Xiria; pero a falta de 2 segundos unha falta propiciou as exclusión de Juanka e Xurxo Pérez, marcaba de forma directa e co tempo cumprido, o que nos daba o 15 a 14 co que chegabamos ao descanso.

Na continuación; o Xiria empezaba defendendo en inferioridade; pero o cambio de actitude do equipo, e uns axustes na defensa 5:0 e 6:0, daban ao traste cos ataques ourensáns. Parcial de 4 a 0, que despois dunha serie de exclusións visitantes, alongaríase en dous goles máis.

Parecía que o partido estaba roto; pero o carácter competitivo de Carnes Doribeiro, recortaba a diferenza a 3 goles. Aínda que o Calvo Xiria; xa co mono de traballo posto, sobre o 40×20; non daba respiro e dous balóns cortados de forma consecutiva rompían o partido definitivamente. Os minutos finais serviron para alongar o marcador un pouco máis (30-21).

Calvo Xiria 30 – Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 21

Calvo Xiria (15+15): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (3), Fran Rey (4), Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega (2), Juanka Rodríguez (4), Manu Méndez (3), Alejandro Gómez (1), Jorge Bouzas (2), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García (6), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (1).

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (14+7): Ángel Taboas (p), Iván Fernández (p), Manuel Cerviño (p), Aaron Díaz (6), Xurxo Pérez (4), Thiago De Oliveira, Juan Sotelo (3), Rafael Fernández, Celso Ramón Sotelo (4), Pablo Lorenzo (4), Rodrigo Touza, Nicolás Alberte, Mario Fernández, Jacobo Soto.

Marcador cada 5 minutos: 4-3, 7-5, 8-7, 12-10, 13-11, 15-14, descanso, 18-14, 21-18, 23-20, 26-20, 30-21.

Árbitros: Javier Quesada e Javier Miranda, do colexio asturiano

Incidencias: Partido correspondente á décimo novena xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.