O Calvo Xiria consegue a vitoria diante o Km13 Gáldar

O Calvo Xiria logrou este sábado en Carballo unha importante vitoria ante o Km13 Gáldar, na súa loita pola permanencia. Os de Carballo inician un complexo mes de marzo con bo pé. E a falta de 8 xornadas para o final da competición co reto de lograr a permanencia; existe unha sintonía total entre o equipo e unha afección, que apoia e axuda en cada momento e xuntos desexan alcanzar o obxectivo.

O Calvo Xiria foi sempre por diante no marcador. A defensa da primeira parte xeraba moitos problemas no ataque canario, que chegou a utilizar o 7×6 durante algúns minutos pero foi un recurso táctico que tampouco lle acabou de funcionar. Tamén o Calvo Xiria era efectivo no ataque posicional, grazas á mobilidade dos seus xogadores; algo que ao descanso levou o resultado ata o 20 a 14.

Pero a segunda parte, o Km13 Gáldar subiu a intensidade e aos poucos recortaba diferenzas, abrigo da man de Wilson Estevao, que foi unha dor de cabeza constante para o armazón defensivo do Calvo Xiria. Chegado ao minuto 40 (24-20), os visitantes cambiaban o sistema defensivo, algo que lle funcionou durante 5 minutos (25-23); pero o Calvo Xiria repúxose, e continúo asestando goles cando máis o necesitaba impedindo ao conxunto canario achegarse máis ao marcador. O continuo intercambio de goles entre ambos os equipos levou o resultado final ao 35 a 33.

Calvo Xiria 35 – Km13 Gáldar 33

Calvo Xiria (20+15): Antonio Mato (2p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Pablo Veiga, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (6), Diego Vega (3), Manu Méndez (6), Álex Gómez, Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (1), Mario Cancela (9), Martín Fuentes (2).

Km13 Gáldar (14+19): Heriberto Díaz, Wilson Estevao (9), Diego Castellano, Jesús Alejandro Mendoza (5), Emiliano Manuel (7), Adrián Pascual (1), Saúl Rodríguez, Juan Alejandro Godoy (1), Guillermo Arencibia (2), Saulo López (1), Derek Pulido, Adrián Riveiro, Alberto Delgado (7).

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Marcador cada 5 minutos: 3-1, 7-3, 11-6, 13-9, 16-11, 20-14, (descanso), 21-18, 24-20, 25-22, 28-23, 31-28, 35-33 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 22ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).