O Calvo Xiria consegue os primeiros dous puntos

Segundo encontro da 1ª autonómica onde as nosas senior acadan o primeiro triunfo, nun encontro onde levaron a iniciativa no marcador dende o primeiro minuto. Trala derrota ante o UB Lavadores B, chegaba o Chapela a Carballo que viña de acadar unha abultada vitoria na primeira xornada. 

Dende o pitido inicial, a intensidade defensiva carballesa abafaba o ataque redondelán, isto sumado á boa actuación de Nadia en porteria liberaba moito ó ataque local. Tras unas primeiros compases de erros, as boas accións de cruce en primeira liña ían desmantelando o febre entremado defensivo visitante. Co paso dos minutos, as xogadoras chapeláns non eran quen de aguantar o ritmo do Xiria que impoñía o xogo rápido de contraataque.

O resultado de 14-6 ó descanso non relaxou ás nosas que lideradas por Tamara mantiveron o elevado nivel defensivo. A distancia cada vez facíase maior e coas rotacións o equipo mantivo o listón durante os 60 minutos para acabar cun resultado de 29-15.

Vitoria, dous primeiros puntos e a vista posta xa no encontro previo ó parón de próxima semana. Este domingo ás 17:30 en Santa Comba ante o Mantido Sl Construccións Xallas buscarán outro vitoria que acerque ó equipo os postos altos da táboa.