A vitoria do Calvo Xiria esta fin de semana, baseouse nunha gran defensa e o bo uso do balón nas transicións e no ataque posicional; onde non quería regalar goles fáciles ao seu rival; o Bm Tejina.
Aos poucos, sen présa, mantendo a concentración sobre as tarefas para realizar neste partido para ir sempre por diante no marcador; e afianzar os dous puntos mediada a segunda metade; participando todos os xogadores convocados onde ata 11 deles lograron marcar gol. Bo síntoma do esforzo de todo o grupo.
O resultado serve para manter o gran momento de forma do Calvo Xiria, sen coñecer a derrota no que vai de 2024. e ascende así á quinta praza, sumando vinte e cinco puntos nas vinte e dúas xornadas disputadas.
Calvo Xiria 28 – Bm Tejina 20
Calvo Xiria (14+14): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (3), David García (2), Fran Rey, Julián García (1), Chimpo Rodríguez (3), Ángel Viña, Daniel Periscal, Diego Antelo (2), Jorge Bouzas (1), Ruben Anés (3), Carlos Varela (3), Marcos Amarelle (1), Mario Cancela (7).
Bm Tejina (8+12): Marcos Hernández, Camilo Ceballos (3), Amit Vashedev, Brahim Mohamed (1), Yusef Mohamed (7), Enrique Padrón, Víctor Manuel Oliva (5), Lionel Chinea, Jonas Jesús Pérez, Pablo Pérez, Alberto Saíz (4).
Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.
Marcador cada 5 minutos: 2-1, 4-2, 8-3, 10-5, 12-6, 14-8, (descanso), 18-10, 21-13, 23-14, 24-16, 24-19, 28-20 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 22ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).