Demasiados erros ao principio do partido impediron ao Calvo Xiria referendar os labores defensivos que estaba a realizar; por iso non se despegaba no marcador; é máis; o Seis Do Nadal empezou a coller confianza no seu xogo posicional, e atopaba o camiño de fronte o gol, que lle permitía chegar aos 20 minutos un gol por diante. Pero o Calvo Xiria, con 10 minutos para enmarcar na parcela ofensiva iríase ao descanso con dous goles de vantaxe.
Tras o descanso; intercambio de golpes entre ambos os equipos; cunha intensidade de xogo máxima; a afección vibrou coa velocidade das transicións, donde Juanka e Jorge serían protagonistas no Xiria, mentres Guillermo e Abraham farían o mesmo polos visitantes. Chegabamos a falta de 15 minutos con todo por decidir e un gol de vantaxe a favor do Xiria.
Cambiou a defensa a 5:1, con Edu no avanzado, e o Calvo Xiria reencontrouse ca súa defensa habitual; roubando balóns e metendo goles fáciles ao contraataque. Con 35 a 30, sentenciaba o partido e unha exclusión no tramo final permitiu aos de Vigo achegarse, para o 36 a 34 definitivo.
Calvo Xiria 36 – 34 Magope Seis Do Nadal Coia
Calvo Xiria (17+19): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (3), Gabriel Castiñeiras (4), Julián López (2), Brais Puñal (1), Fran Rey, Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (1), Juanka Rodríguez (9), Manu Méndez (3), Álex Gómez (2), Jorge Bouzas (7), Adrián Losón y Edu Cousillas (3).
Magope Seis Do Nadal Coia (15+19): Víctor Doval, Enrique Antonio Fernández, Xurxo Rivas (2), Adrián Leiros (1), Yago Santomé, Marcos Treinta (3), Diego Rivas (3), Alexandre Silva, Cristian Bretal, Víctor Iglesias (1), Guillermo Rial (12), Alberto Carazo, Abraham Alonso (11) y Jorge Gayo (1).
Marcador cada 5 minutos: 2-1; 4-2; 6-7; 9-10; 14-13; 17-15 (descanso); 21-18; 23-22; 26-25; 30-28; 33-29; 36-34.
Árbitros: Pablo Torreiro Barros e Marcos Pérez Outeda do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente á decimonovena xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).