O Calvo Xiria deixa os puntos na casa

O comezo da xornada non foi doado xa que a tormenta do sábado produciu danos no tellado do pabellón e o partido estivo a piques de ser trasladado por risco de desprendemento. Tras a valoración dos bombeiros, permitiuse o acceso ó público e iniciou o enfrontamento.

Nos primeiros intres do encontro primaron os ataques fronte as defensas, imprimindo unha alta velocidade ó xogo de ambos conxuntos, aínda que a maior eficacia do Xiria concediu a dianteira ó conxunto local no (11-7) nos primeiros 12 minutos. Na metade da primera parte o Xiria comezou os trocos mentres que o Cangas optou por manter no campo as súas referentes ofensivas, pero a defensa do Calvo seguía a ser un obstáculo difícil de superar para o conxunto do Morrazo, que a pesar das numerosas perdas de balón nos precipitados contraataques das locais, non foron quen de recortar a vantaxe no electrónico, chegando ó (17-13) do intermedio.

Na segunda metade e cos folgos renovados o Cangas apretou ó Xiria e colocouse a dous goles, logrando manter unha escasa diferenza ata o ecuador da segunda parte, axudadas en gran medida por Irene Ríos en portería que detivo numerosas ocasións de lanzamentos claros por parte do Xiria. Por outra banda, o Xiria volveu facer trocos e a fatiga lastraba á primeira liña canguesa, que tiña diante a unha Nadia que parecía ler todas as traxectorias de lanzamento. Aínda que tivo unha intensa oposición, o Calvo Xiria logra manter dous puntos moi importantes para a clasificación.

Cabe destacar a homenaxe á capitana Jessica Posse, lenda do balonmán carballés, que tras numerosas tempadas no primeiro equipo foi agasallada coas camisolas do clube para lembrar a unha xogadora única que permanecerá na memoria do Xiria por sempre.

Calvo Xiria 31 – Tapería Dos Chata BM. Cangas 26

Calvo Xiria (17+14): Nadia Vázquez, María Patiño (4), Aida Vizcaíno (3), Lara Souto (6), Lucía de la Torre (9), Tamara Pombo (3), Minia Calvo (1), Mara Garabaya, Natalia Solís (3), Marta Gómez, Leticia Santos, Sheila Ferreiro, Valeria Figueroa (1), Andrea Díaz (1)

Tapería Dos Chata BM. Cangas (13+13): Iria Augusto (1), Anastasija Doder (4), Nayara Pereira (2), Mencía Lorenzo, Uxía Hermelo, Marta Piñeiro, Laura Magdaleno (12), Alba Mera, Naihara Costas (2), Laura Barros (1), Mairea González, Irene Romero, Irene Ríos, María Cancelas (2), Uxía Fernández (2)

Árbitros: Ángel Mateos e Iván Hernández

Marcador cada 5 minutos: 5-3, 9-6, 13-10, 15-12, 16-12, 17-13, 18-16, 23-19, 26-22, 26-23, 30-25, 31-26