O Calvo Xiria déixase dous puntos en Lanzarote

O Calvo Xiria foi por diante no marcador durante todo o partido, chegando mesmo aos 5 goles de vantaxe; a excepción do último minuto de xogo, onde os de Lanzarote conseguiron anotar un penalti e gañar o partido.

Moi concentrado en tarefas defensivas o Calvo Xiria empezaría o choque con 1 a 3 e obrigando aos locais para parar o partido. A partir de aí o marcador desenvolvíase en vantaxes curtas cun Xiria superior á contra, que non estivo do todo acertado nos lanzamentos de 6 metros. Ao descanso chegábase con 11 a 14.

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria sairía con bo ritmo e disposto a dar o extra necesario para gañar, pero os infortunios nas transicións defensa-ataque e o porteiro Santana, mantiveron ao Lanzarote a tan só 5 goles, cando a vantaxe debería ser maior. Os locais á desesperada, incrementaron a agresividade defensiva e conseguían pechar a súa portería, que nos últimos minutos tan só encaixaría un gol. O Xiria atascado en ataque posicional e sen a confianza da primeira metade no seu contraataque, perdía un partido que tiña dominado, ante un rival directo.

Gourmet Ampate Lanzarote 20 – Calvo Xiria 19

Gourmet Ampate Lanzarote(11+9): Asier Morillas, Rafael Robayna, Joel Peraza, Javier Andrés Frelijj (3), Luis Morín, Nelson Yeray, Rubén Caraballo (2), Roberto Jesús Molina, Ander Iriarte (8), Carmelo Álvarez (3), Pedro Jesús Cabrera, Francisco Javier Santana, Alexis Rodríguez, Mauro Jaureguiberry (3), Acoidan Martín (1).

Calvo Xiria (14+5): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (2), Julián López, Brais Puñal (4), Fran Rey (1), Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (2), Juanka Rodríguez (4), Manu Méndez (1), Álex Gómez, Jorge Bouzas (4), Adrián Losón(1), Edu Cousillas.

Marcador cada 5 minutos: 2-4, 3-4, 5-7, 7-9, 8-12, 11-14 (descanso); 11-15, 12-16, 14-18, 16-18, 18-19, 20-19

Árbitros: Xabier Elixetxea e Jon Mendizabal.

Incidencias: Partido correspondente á vixésima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal de Titerroy (Lanzarote).