O Calvo Xiria derrotou á Atl. Avilesina 27-26

O Calvo Xiria derrotou á Atl. Avilesina 27-26 nun encontro desvirtuado pola mala actuación arbitral.

Que pena que Sandra Lorenzo e Vicente Pérez non nos deixasen aproveitar algo de balonmán na tarde do sábado. O partido foi igualado como se esperaba a pesar do traballo dos colexiados que non souberon estar á altura do choque. Non se pretende dicir dende aquí que fose unha actuación parcial feita adrede para danar ós de Carballo, foi simplemente unha tarde negra para a parella galega que non estivo no mesmo partido que viron locais e visitantes.

No que respecta ó xogo, na primeira metade coma en todo o encontro, as distancias no marcador eran mínimas e no bando local Fernando anotaba con facilidade o problema era que á hora de defender calquera contacto dentro de nove metros sinalábase como penalti. Oito na primeira parte e catro na segunda, novo record do Club. Esto fixo que os de Juanín liderados polo excepcional Conejo, lograsen unha renda de catro goles a cinco minutos do descanso feito que se resolveu con oficio para chegar empatados ó final. O recomezo foi moi apertado con intercambio de goles e sorpresa polos dous bandos coas decisións asubiadas, nesta partida os de Juan Fernández amosaron moita madurez e non se deixaron influenciar pola esquizofrenia na que estaba sumido o pavillón e chegaron ó derradeiro minuto con dous goles de diferencia.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Javi ( 2 ), Fernando ( 10 ), Martín ( 1 ), Alfonso ( 2 ), Ayllón ( 1 ) e Miguel ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Marcos ( ), Alberto ( 1 ), Mario ( 6 ), Nando ( ), Alex ( ) e Dubra ( 2 ).

– Polo Atl. Avilesina: Carlos, Conejo ( 12 ), Prieto ( 1 ), Fisas ( ), Pablo ( 6 ), Camilo ( 3 ) e Rivas ( 2 ) – equipo inicial – Adrián, Iván ( 2 ), Jose ( ), Alberto ( ), Dani ( ), Nacho ( ) e Garabaya ( ).

Marcador cada 5 minutos

2-2 / 4-5 / 6-8 / 9-10 / 9-13 / 14-14 / 15-15 / 18-18 / 20-20 / 22-22 / 25-24 / 27-26

Por certo, non contamos cantos espectadores había na cancha pero desde logo eran máis de 80.