O Calvo Xiria despide o ano cunha derrota ante o Reconquista de Vigo

O Reconquista de Vigo foi xusto vencedor do partido e levou os dous puntos, ante un Calvo Xiria irregular; que alterna bos e malos momentos durante as fases do partido.

Un partido que comezou a irse á beira visitante a partir do minuto 6; pero que soubo reaccionar o Calvo Xiria para establecer en empate a 8, no minuto 10. Mínimas diferenzas entre ambos; ata os minutos finais do primeiro tempo que decantaron a balanza en favor do Renconquista (13-17)

Tras o descanso, reaccionaba o Calvo Xiria; aos poucos; reducindo diferenzas cun gran traballo colectivo (20-21). Tivo opcións de empatar, pero en 5 minutos as perdas de balón no ataque posicional; daban unha vantaxe de 5 goles ao cadro vigués.

O Calvo Xiria dispuxo entón unha defensa presionante; pero non conseguiu darlle la volta ao resultado.

Acolle cos brazos abertos, a chegada do Nadal e o parón da competición; onde quere recuperar efectivos e volver a xerar confianza no seu xogo.

Calvo Xiria 29 – Balonmano Reconquista de Vigo 35

Calvo Xiria (13+16): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (2), Esteban Puñal, Pablo Veiga (2), Julián García (4), Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega (5), Manu Méndez, Álex Gómez (6), Jorge Bouzas (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela (4), Martín Fuentes (2).

Balonmano Reconquista de Vigo (17+18): Daniel Gómez (2), Pablo Gayoso (9), Iago Vidal (2), Alejandro Gómez (2), Jesús Veiga, Javier Freijeiro (4), Pablo Piñeiro (2), Pablo González, Xosé Henrique Costas, Daniel Vicente (4), Mario García De Searez (2), Agustín Franco (4), Carlos Gehrardt (3), Pablo Garrido (1).

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez

Marcador cada 5 minutos: 3-4, 4-8, 9-10, 12-14, 13-17, (descanso), 16-19, 20-21, 21-23, 24-29, 25-31, 29-35 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 14ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).