O Calvo Xiria despide o ano cunha vitoria ante o Tenerife Tejina

O Calvo Xiria realizou un partido moi serio e concentrado nas tarefas que tiña que realizar para alzarse cos últimos dous puntos do ano, xa que a xornada da semana que vén tócalle descansar; polo que ata o 11 de xaneiro non terá que disputar o seu seguinte partido oficial.
Un Tenerife Tejina que ía poñer en apretos a un Calvo Xiria no inicio do encontro. Custoulle arrincar na parcela defensiva en resolver as situacións de 1×1 e 2×2, con demasiado espazo entre os xogadores. En ataque o porteiro local, desbarataba lanzamentos claros e isto levou o marcador 6 a 4 a favor dos locais. Pero a concentración; o saber facer, e o fondo de armario do Calvo Xiria incrementando o ritmo na parcela defensiva, ían desmantelar o ataque do Tejina. Os contraataques sucedíanse un tras outro, e ao descanso chegouse con 9 a 12.

Tras o descanso, O Calvo Xiria impuxo o seu mellor estado de forma, rapidez de pernas, e fortes no 1×1, a defensa foi clave, así como a actuación de Iago en portería, que se xogou a cara polo equipo, detendo ata dous lanzamentos coa mesma. A vantaxe incrementábase aos poucos, e outra vez as rotacións mantiveron ao Xiria nun ritmo que os locais non conseguiron igualar.

O resultado final de 16 a 26, deixa dous puntos máis para un Calvo Xiria, que volverá medir o seu crecemento como equipo á volta do nadal.

Bm Tenerife Tejina 16 – Calvo Xiria 26

Bm Tenerife Tejina (9+7): Cristopher Marrero (3), Amit Vashedev (1), Alejandro Andrés Castro (1), Guillermo Navarro (2), José Antonio Rubio (1), Alby Regalado (5), Joel Armas (1), Marcos Brito, Ángel Blas, Francisco Javier Antolín, Lionel Chinea, Marcos Antonio Hernández (1), Iván Parrilla (1).

Calvo Xiria (12+14): Iago [p], Antonio [p], Cristian Canosa (2), Gabriel Castiñeiras (5), Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Daniel Mallo, Chimpo Rodríguez (5), Juan Carlos Rodríguez (2), Manu Méndez (1), Jorge Bouzas (6), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (2).

Maracdor cada 5 minutos: 2-1, 3-2, 6-4, 7-7, 8-8, 9-12, (descanso); 11-13, 13-16, 13-18, 13-19, 14-22, 16-26.

Árbitros: Marcos Prol e Ramón Eleta do colexio navarro.

Incidencias: Partido correspondente á décimo terceira xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no IES Antonio González de Tejina, en Tenerife ante uns 100 afeccionados. Destacar a presenza dun pequeno grupo de familiares que acompañou ao Calvo Xiria e se fixeron notar durante o partido.