O Calvo Xiria desplómase no último cuarto en Cangas(34-20)

O Calvo Xiria desplómase no último cuarto en Cangas(34-20)

Mal encontro das carballesas no peor día posible, xa que visitaban a cancha do máximo favorito da categoría, ó Bm. Cangas no Gatañal. 

O inicio do encontro non foi nada bo, onde o desconcerto ofensivo obligou ó equipo carballés a parar o encontro xa cun 4-0 en contra no minuto tres da primeira metade. A pesar de non ser un gran encontro para as verdes, foron quen de entrar na dinámica a partir dunha defensa moi forte que luciu na primeira metade e que fixo que o encontro tivese un tono máis equilibrado ata mediada a segunda metade. Ó descanso campeaban os catro goles de diferencia cosechados polo equipo local nos primeiros tres minutos do encontro(17-13). Salientar a lesión de Mara Garabaya, cun golpe na man, que non lle permitiu continuar no segundo tempo

Na reanudación, as verdes mantiveron a misma liña ata o minuto 11 da segunda metade, facéndose forte atrás, pero a desconexión no ataque terminou de desplomar as enerxías carballesas onde nos minutos finais foron superadas de maneira clara por un Bm. Cangas favorito a todo este ano.

O Calvo Xiria suma a segunda derrota, esperando na casa o vindeiro sábado as 17.30 horas no Vila de Noia ó Bm. Poio