O Calvo Xiria e Bm Porriño acaban en táboas antes do Nadal

O Calvo Xiria e Bm Porriño acaban en táboas antes do Nadal

O encontro entre Campicarn-Martinpex Bm Porriño e o Calvo Xiria prometía ser un duelo apaixonante, con ambos os equipos loitando por mellorar a súa posición na clasificación do campionato Estatal de primeira división, no grupo A. Cunha xornada crucial en xogo; os afeccionados esperaban ver un espectáculo cheo de intensidade e estratexia.
O resultado final de 30 a 30; é un punto importante, para o Calvo Xiria que puido conseguir algo máis diante dun rival complicado.
Os carballeses empezaron encaixando un parcial de 3-0 e con moitas dificultades para xerar ocasións en ataque posicional; pero un 1×1 de David García daba superioridade ao Calvo Xiria, e poñía as táboas rapidamente no marcador.
Os dous equipos seguían con continuas alternancias no resutaldo. Porriño quixo romper o partido xogando 7×6, os últimos 10 minutos de primeira metade, e ao descanso chegabase con 13 a 12.
 
A segunda metade, proseguía polos mesmo parámetros; ningún equipo lograba distanciarse; a pesar de xogar claramente con tácticas diferentes; a igualdade existente neste partido chegaba aos últimos 15 minutos. O Calvo Xiria quedaba cun home menos; e o Porriño sacou 3 goles de vantaxe. Era un momento crítico; pero o equipo sacou o carácter que se lle demandaba nos momentos clave dos partidos.
Todos remando na mesma dirección; conseguiron chegar aos últimos 4 minutos con empate a 28. Despois dunha serie de goles entre ambos o partidos finalizou en táboas (30-30).
 
Descanso de Nadal para todos os equipos que xogarán a última xornada da primeira volta a fin de semana do 11/12 xaneiro. Nun mes cargado de emoción.
 

Campicarn-Martinpex Bm Porriño 30Calvo Xiria 30

Campicarn-Martinpex Bm Porriño (13+17): Miguel Couñago (p), Carlos Vilanova (7), Iñigo Silva (4), David Moreiras, Fernando Mosquera (5), Jesús Maqueira (1), Martín Bar, Matias Nikitiuk, Xosé Canedo (5), José Álvarez (p), Martín Rodríguez (3), Guillermo Fernández (2), Pablo Álvarez, Eloy Molanes (2), Nahum Pérez, Yago Raimundez (1).


Calvo Xiria (16+16): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (1), David García (5), Pablo Veiga, Julián García (5), Chimpo Rodríguez, Samuel Veiga, Daniel Periscal (5), Jorge Bouzas (2), Mario García De Seárez (5), Carlos Varela (1), Mario Cancela (4), Senén Garea (1).


Árbitros: Francisco Fernández e Daniel Álvarez.


Marcador cada 5 minutos: 1-0, 3-4, 5-5, 7-8, 10-10, 13-12, (descanso), 16-15, 18-18, 22-21, 27-23, 28-27, 30-30 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 14ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón de Porriño (Porriño).