O Calvo Xiria e Bm Tejina La Laguna buscan os dous puntos para alcanzar os seus obxectivos

Esta fin de semana o Calvo Xiria inicia a conta atrás de 6 partidos restantes para un final de liga no que loitan por concluír como líderes e acadar a ansiada clasificación para a fase de ascenso á División de Honra Prata.

É así que o club inicia a campaña ‘Misión Prata‘ na procura dun esforzo colectivo de toda a masa social de Escolas de Balonmán Xiria para lograr o ansiado ascenso á segunda categoría do balonmán estatal.


1ª Nacional masculina

Este sábado ás 20:00 no Vila de Noia; afronta o Calvo Xiria a primeira das seis finais que quedan para proclamarse campión de liga. O seu rival o Bm Tejina La Laguna, logrou fichar a 4 xogadores con respecto á primeira volta; o que lle outorga máis rotación; así como unha nova variante defensiva; grazas ao aproveitamento do total do seu persoal. Está en plena loita pola permanencia; o que lle dá un plus de perigo a este enfrontamento.

O Calvo Xiria mentalizado; en contar cada partido coma se fose unha final. Deberá marcar a intensidade desde o inicio; e mellorar no aspecto ofensivo con respecto á semana pasada. Son dúbida Manuel Méndez e Juanka que chegaron lesionados do partido anterior e seguen sen adestrarse co grupo; polo que o resto do cadro de persoal; deberá estar se cabe máis concentrado en disputar os 60 minutos con total garantía.

1ª Autonómica Feminina


Trala incrible vitoria do pasado domingo en Bueu coa que o Goldie Xiria Carballo Turismo selou a permanencia, o equipo afronta moi motivado o premio de desputar a fase pola Final Four e esta semana medirase, por cuarta vez no que vai de tempada, ó Millavén Centro Jardín CP Lucense.

O equipo de Lugo nada ten que ver ó da primeira fase, é un conxunto moi renovado con xogadoras experimentadas en categorías superiores contrariamente a aposta pola canteira e a unión do grupo das xogadoras de Carballo.

Coa espiña da recente derrota ante as lucenses, o Goldie afronta o partido con todalas xogadoras dispoñibles e co obxectivo de desquitarse cun bo partido ante a súa afección o domingo ás 18:00 no CEIP Fogar, e manter a boa dinámica e as boas sensacións que se perciben nos adestramentos.

Categorías base

Duelos de cuartos de final para os equipos xuvenís. O Hierros Varela Urbieta Xiria clasificouse coma terceiro de grupo e medirase este domingo ás 12:30 ó UB Lavadores que definirán o equipo que se clasifica para desputar a Final Four.
Coa baixa de longa duración de Lucía España e a recente luxación nun dedo de Alba, o equipo afronta o partido con ilusión e coas gañas de acadar un oco entre vos catro mellores equipos de Galicia. O reto é maiúsculo, xa que o equipo rival conta con varias alternativas defensivas e moitos recursos en ataque grazas ou bo facer dás primeiras liñas e as continuidades ata as extremos. Aínda así, o noso xuvenil feminino conta con argumentos suficientes para levarse o partido e non renuncia a nada.

O Laber Xiria; disputa a súa eliminatoria o sábado ás 12:30 no Vila de Noia contra o SD Teucro; logo de clasificarse como segundo do seu grupo. O equipo mellorou no aspecto defensivo; traballando como un bloque unido e axudando ao compañeiro cando é necesario. Deberá frear o xogo 1×1 e 2×2 rival; e cortar a circulación de balón cando sexa necesario. Afronta o duelo; con todos os xogadores dispoñibles polo que se espera un gran partido.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria; ten partidos totalmente opostos; por unha banda na liga Ouro recibe ao coco do grupo, o Bm Porriño, o domingo ás 12:30, despois do bo encontro realizado como visitantes; deberá estar máis acertado cara portería para tratar de lograr os dous puntos. E en liga prata viaxa para enfrontarse ao SD Eume o sábado ás 12:15. Os cadetes de primeiro ano; queren seguir coa dinámica positiva que levan este ano onde son lideres do seu grupo.

En infantís; Punta del Este Xiria; ten un longo desprazamento para enfrontarse ao Club Bm Atlético Guardés. De lograr a vitoria o equipo engancharíase á zona nobre da táboa. En liga prata; temos derbi entre o Oar Ciudad e o Metalúrgica BB Xiria. O equipo de Carballo quere conseguir os dous puntos para demostrar a melloría no tramo final da tempada. O partido dispútase o sábado ás 12:00, no pavillón San Francisco Javier.

Os alevíns de Gallega de Mallas Xiria, xogan o domingo ás 10:30 no Ceip Fogar contra o Oar Coruña.

E os benxamíns de Garaysa Xiria e Óptica Auris Xiria, dobrarán quenda ás 10:00 e á 10:45, na competición de Balonmán 5, o sábado no Ceip Fogar

Mentres Telepizza Xiria e Maquisaba Xiria xogan no pavillón de Novo Mesoiro, tamén en dobre quenda ás 10:00 e 10:45; o domingo.