1ª Nacional masculina
Última xornada de liga; o sábado ás 19:00 na Bombonera; Sar Plastic Omnium será unha boa posta a punto, para que o Calvo Xiria siga perfilando detalles, tanto defensivos como ofensivos, fronte ao reto que ten por diante.
O técnico Adrián Dubra, probará as diferentes estruturas no equipo e para iso espera un partido con intensidade, que reflicta ás claras o que é o Calvo Xiria. É o último partido antes da fase de ascenso polo que deberá aproveitar a oportunidade para manter o ritmo competitivo do grupo.
Sar é un equipo traballado, que busca crecer cun proxecto de canteira e no seu regreso á categoría nacional, está a aproveitar que ten a permanencia asegurada para dar oportunidade ás novas promesas e seguir crecendo cara a tempada que vén.
Veremos un bo espectáculo entre os dous conxuntos.
Categorías base
En alevíns; Gestagua Xiria viaxa a Coruña, para enfrontarse ao Oar Coruña 1952, no pavillón San Francisco Javier o sábado á 13:00, en xogo o liderado do grupo. Mentres Gallega de Mallas Xiria xoga como local ás 12:30 no Ceip Fogar contra o Bm Culleredo Enerxiasolar. com, partido difícil para tratar de engancharse ao tren de cabeza.