O Calvo Xiria pechou este sábado a tempada cun empate en casa ante o Bueu por 30-30. Os carballeses viron como os visitantes igualaban na segunda parte un encontro no que chegaron a ir gañando por oito tantos.
Con este resultado, o Calvo Xiria finaliza na décimo terceira posición. Todo iso nunha tempada complexa, na que o equipo estivo sempre arroupado por unha afección, á que os xogadores deron as grazas cunha pancarta ao finalizar o encontro.
Foi unha última xornada chea de emocións. Por unha banda, o regreso ás pistas do extremo Edu Cousillas, tras a lesión de xeonllo. Doutra banda, a despedida definitiva de Brais Puñal das pistas, despois de regresar para axudar ao equipo nesta recta final, aínda que as lesións non lle permiten continuar. Emocionado, o veterano xogador recibiu unha merecida homenaxe, da afección e dos seus compañeiros, que o mantearon.
Calvo Xiria 30 – Bueu Atlético Balonman 30
Calvo Xiria (20+10): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Brais Puñal, Pablo Veiga (1), Julián García (1), Chimpo Rodríguez (7), Diego Vega (3), Manu Méndez (2), Álex Gómez (1), Carlos Varela (3), Mario Cancela (4), Martín Fuentes (4), Edu Cousillas (3).
Bueu Atlético Balonman (15+15): Yeray Simes, Mauro Bacelar, David Iglesias, Eber Dacosta (3), Brais López (9), Jose López (5), Andrés Bacelar (3), Carlos Meira (1), Gonzalo Freire (3), Martiño Castro, Miguel Pérez, Iván Rivas, Eloy Malvido (2), Diego Dios.
Árbitros: Marcos Pérez e Alberto Fernández.
Marcador cada 5 minutos: 3-2, 6-5, 11-6, 15-7, 17-13, 20-15, (descanso), 21-19, 23-21, 24-23, 26-25, 28-28, 30-30 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 30ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).