O Calvo Xiria empeza o ano cunha nova vitoria.

O Calvo Xiria creceu co paso dos minutos e foi gañando confianza no xogo para finalmente superar a un Carballal que se viu superando na segunda metade.

Moi atascado o Calvo Xiria en ataque nos primeiros minutos, o uso excesivo do bote e dos ataques cara ao centro, chocaban contra a defensa 6:0 local; unicamente as accións individuais ou de 2×2 permitíanlles meter algún gol illado. En defensa, atopábase cómodo, pero o Carballal atoparía gol en lanzamentos a distancia e pequenos descoidos en circulacións dos extremos. Os locais, marchaban dous goles por encima no minuto 20; pero os cambios permitiron ao Xiria axustar a defensa e o meta Iago Gómez, aproveitou para marcar as diferenzas. Ao descanso o Calvo Xiria gañaría pola mínima 11 a 12.

A segunda metade, tivo cor visitante, o 5:1 do Calvo Xiria, impúxose sobre o 40×20 e se se producía algún desaxuste Iago resolvíao. En ataque tería máis problemas, abrigo pola excesiva agresividade e dureza nas accións por parte do Carballal, que rompían a circulación de balón. A permisividade arbitral en certas accións desesperou aos de Carballo. Partido trabado, difícil e con nervios; lóxico; despois de case un mes sen competir, pero que finalmente se decantou por parte dun Calvo Xiria que debe seguir coa súa posta a punto de cara a futuros compromisos, e mirando cara arriba na táboa.

Destacar o debut de maneira oficial do xuvenil Mario Cancela que puido vivir por primeira vez, o difícil que é esta categoría.

Granitos Ibéricos Carballal 18 – Calvo Xiria 24

Granitos Ibéricos Carballal (11+7): Pedro Ramírez [p], Pablo González [p], Samuel Rodríguez (1), Pablo García (1), Daniel Gómez, Xabier Puentes (2), Rodrigo Mariño (2), Iván Soage (2), Samuel Barciela, Guillermo Fernández (5), Jorge Navarro (1), Aaron Seoane (3), Iván Fernández (1), Borja Romero, Ignacio Costas.

Calvo Xiria (12+12): Iago [p], Antonio [p], Cristian Canosa (1), Gabriel Castiñeiras (3), Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey, Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez, Juan Carlos Rodríguez (5), Manu Méndez (3), Jorge Bouzas (6), Mario Cancela, Adrián Losón (1), Edu Cousillas (3).

Maracdor cada 5 minutos: 2-1, 4-4, 7-5, 9-7, 9-10, 11-12, (descanso); 13-15, 14-18, 14-21, 15-21, 17-22, 18-24.

Árbitros: Pablo Álvarez e Julio Villanueva do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón o Loureiro, en Vigo, diante duns 200 afeccionados.