O equipo carballés da Primeira Autonómica estreouse no Vila de Noia este pasado sábado con victoria ante o equipo coruñés do Bm. Brigantium.
As de Zarra comenzaron con bo tino na defensa, puidendo correr a contra neses primeiros compases e abrindo as primeiras diferencias no electrónico(6-2, min.10).
O encontro estivo marcado polas imprecisións en algúns momentos, debido o momento da tempada na que se encontran as escuadras. Aínda así as do Xiria foron mantendo as distancias ata o descanso.
Xa na reanudación, o Brigantium foi quen de estrechar o marcador chegando a poñerse un só gol abaixo, aproveitando a desconexión defensiva que sufriron as verdes neses momentos. Despois dun tempo morto solicitado polo equipo local, as cousas melloraron tanto no ataque posicional como sobre todo atrás, o que permitiu as carballesas abrir esa distancia final que lle otorgaría a victoria.
A próxima semana haberá descanso, antes de xogar o segundo encontro de Copa ante o Bm. Xallas en Santa Comba