O Calvo Xiria faise coa vitoria na última xogada

Un partido moi igualado de principio a fin; onde o Calvo Xiria non se atopou cómodo en defensa pero que competiu de maneira brillante cando máis o necesitaba. O marcador moveuse con pequenas vantaxes para un e outro equipo e Álex Gómez cun gol a falta de 4 segundos decantou do lado carballés.

Os primeiros minutos do partido a defensa do Calvo Xiria, estivo a gran altura, pero o balance defensivo local, freou os intentos por distanciarse e o Xiria tería que buscar a maneira de facer gol. Pero unha serie de imprecisións, fixeron dubidar da coordinación defensiva ao equipo e o bloque central non estaba cómodo sobre o 40×20. Andre De Moura atopábase como peixe na auga e daba vantaxe aos seus. Non daba coa tecla o Calvo Xiria pero está vez o ataque posicional mantiña a diferenzas en dous goles. 17 a 15, ao descanso.

Tras o paso por vestiarios; Sar estaba máis acertado cara gol (21-17); pero unha descalificación a Carlos Guisasola; fixo espertar ao Calvo Xiria que cun xogador menos; fixo a súa mellor defensa e recortaba distancias. Aaron Rodríguez recollía a testemuña no pivote e David García perforaba a portería local ata en 14 ocasións, o que obrigou ao adestrador local; a variar o sistema de defensa, constantemente. A falta de 14 minutos 27-27; e todo por decidir. Novo contratempo para o Calvo Xiria en forma de lesión; está vez Chimpo, cunha rotura de fibras; pero a rotacións non se verían afectabas xa que o grupo tiña claro o obxectivo e a maneira de xogar e competir neste choque. A falta de 20 segundos o Calvo Xiria dispoñía da última posesión. Sar propuxo unha defensa mixta a David e a mobilidade dos xogadores do Calvo Xiria levaron a Álex Gómez a encarar en 1×1 e facer o último gol do partido a falta de 4 segundos. Sar sacaría de centro e tentábao a través de De Moura, pero o balón quedaría na blocaxe e o Calvo Xiria levaría os dous puntos.

Sar Plastic Omnium 32 – Calvo Xiria 33

Sar Plastic Omnium (17+15): Daniel Pereira (p), Anxo Otero (p), Manuel Piñeiro (3), Andre De Moura (8), Alexandre Cernadas, Francisco Javier Vidal, Ricardo Domínguez (1), Diego López (3), Javier Rivas, Lucas Bouzón (1), Iván Vázquez (4), Bruno Vázquez (2), Román Arboleya (5), Alan Sergio Castro, Lois Lago (5).

Calvo Xiria (15+18): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Carlos Martín, Gabriel Castiñeiras, Francisco Rey, Carlos Varela (1), Hugo Rodríguez (6), Diego Vega (2), Diego Antelo, Manuel Méndez (1), Alejandro Gómez (3), Jorge Bouzas (4), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García (14), Eduardo Cousillas (2).

Parciales cada 5 minutos: 2-2, 4-5, 7-8, 11-11, 14-13, 17-15, (descanso) 21-17, 23-21, 26-25, 29-29, 31-30, 32-33.

Árbitros: Albert Pérez e Daniel Toro.

Incidencias: Partido correspondente a décimo terceira xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón La Bombonera (Redondela).