O Calvo Xiria faise coa vitoria no seu regreso a casa

Volvía o balonmán ao Vila de Noia despois de 7 meses de espera desde o último partido, e facíao nun enfrontamento entre o Calvo Xiria e un sempre complicado Magope Seis Do Nadal.

Partido correspondente á xornada 2 de Estatal . 180 afeccionados completaron o aforo que actualmente poden entrar no Vila De Noia, á espera de que mellore a situación sanitaria.

Grazas á colaboración de 16 voluntarios que axudaron na organización; conseguiuse que unicamente falásese dun partido de balonmán que foi emocionante e decantouse ao lado do Calvo Xiria na segunda metade.

A baixa de última hora de Fran Rey, debido a un proceso gripal, deixaba ao Calvo Xiria sen un xogador importante na parcela defensiva. Despois dos primeiros minutos, con intercambio de goles, os do Xiria non aproveitaban as súas oportunidades nas transicións e o Seis do Nadal máis efectivo, conseguía unha vantaxe de 2 goles. Un axuste defensivo e a colaboración con Antonio na portería, permitiu aos locais empatar antes do descanso e mesmo irse por diante se o último lanzamento de Jorge entrase en tempo.

Tras o descanso, o Calvo Xiria atopou a súa mellor versión, unha defensa ben coordinada e un contraataque letal, permitía chegar con vantaxe de 5 goles aos últimos 15 minutos. Os visitantes, cambiaron a defensa 5:1 e o Calvo Xiria precipitouse a xogar en ataques curtos. S

oubo recompoñerse a tempo para manter a vantaxe, superando a presión da defensa rival, que apertou ata o asubío final.

O sábado veremos de novo ao Calvo Xiria xogar como local, ante un correúdo Balonman Saeplast Cañiza.

Calvo Xiria 29 – Magope Seis Do Nadal Coia 28

Calvo Xiria (15+14): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Ramón Suárez-Pumariega, Fari (1), Gabriel Castiñeiras (1), Dani Mallo (2), Chimpo Rodríguez (2), Diego Vega (3), Juanka Rodríguez (2), Diego Antelo, Manu Méndez (5), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (3), David García (6) Adrián Losón, Edu Cousillas (4).

Magope Seis Do Nadal Coia (15+13): Victor Doval (p), Cristian Bretal (p), Santiago Iglesias, Marcos Domínguez, Xurxo Rivas (3), Xabier Reveriano (1), Marcos Treinta, Diego Rivas, Bruno Cela (3), Guillermo Rial (7), Samuel Couto, Abraham Alonso (3), Jorge Gayo (3), Martín Rial (1).

Marcador cada 5 minutos: 3-3, 5-5, 6-8, 9-11, 12-12, 15-15, (descanso); 19-17, 21-18, 25-20, 26-23, 28-25, 29-28.

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro, del colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a segunda xornada do Grupo A de la Primera Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.

O Calvo Xiria segue xogando con máscara e neste partido os colexiados galegos tamén a usaron e probaron o chifre electrónico de man. Esta podería ser a nova normalidade do balonmán. Un balonmán seguro, ata que cheguen mellores tempos.