O Calvo Xiria femenino disputaba o pasado sábado 25 o seu primeiro partido de liga. O renovado equipo carballés con un equipo moi novo que está a engranarse pouco a pouco e que viña de ir collendo sensacións na Copa a pesares das derrotas.
CALVO XIRIA 28-MECALIA ATLETICO GUARDES 14
O partido comezaba con unha defensa carballesa activa e moi enchufada, en canto o ataque durante os primeiros o equipo non conseguía ritmo para chegar a situacións claras de lanzamento. Logo dos primeiros minutos e ,propiciado por recuperacións defensivas, as carballesas conseguían subir o ritmo grazas a contras en primeira e segunda oleada. O equipo comezaba a atoparse máis cómodo e deste xeito conseguía as primeiras ventaxas no marcador. Cos nervios iniciais fora e véndose xa no partido as carballesas comezaron a amosar a súa liña de progresión con moito dinamismo na defensa e podendo apreciar xa algunha continuidade ofensiva ben xestionada. Neste contexto o Calvo Xiria chegaba ao descanso con unha ventaxa de 10 goles.
Na segunda metade o equipo seguiu mantendo unha boa intensidade e bo nivel defensivo e isto fixo que o partido non peligrase en ningún momento. Na segunda metade os dous equipos estiveron menos acertados de cara a gol pero a xestión do partido das carballesas foi moi correcta.
Primeira vitoria dun equipo que ten que ir a máis e que debe seguir a traballar nesta liña.


