O Calvo Xiria Femenino segue na dinámica positiva

O Calvo Xiria Femenino segue na dinámica positiva

O pasado domingo o Calvo Xiria desprazábase ata Porriño para enfrontarse a un rival que está na parte baixa da clasificación pero que consegue competir a meirande parte do partido facendo así que os resultados poidan ser engañosos.

Indupor Bm Porriño 23- Calvo Xiria Femenino 29

O partido comezaba con un equipo carballés frío e desconectado nas labores defensivas e acertado nas labores ofensivas. Co paso dos minutos o equipo conseguía atoparse mellor de xeito paulatino ma defensa pero comezaba a baixar o ritmo e a precisión no ataque. Neste contexto o partido estaba moi igualado e marchouse ao descanso con 13-14.

Á volta dos vestiarios tivo lugar un cambio de dinámica, maior mobilidade defensiva e unha mellor estructura ofensiva facía que as carballesas se fosen facendo pouco a pouco co partido. A maior regularidade e o bo criterio fixo que ao final do partido o marcador reflexase o 23-29.

Para a semana o equipo viaxará a Moaña para enfrontarse ao difícil Balonmán Samertolameu.