O Calvo Xiria feminino chegaba á terceira xornada ligueira con gañas de seguir a competir e con folgos logo do empate colleitado en Santa Comba a xornada anterior. Nesta xornada visitaba o Vila de Noia o Poio Artai, equipo coas ideas claras e sempre difícil se superar.
CALVO XIRIA 28- BALONMÁN POIO ARTAI 23
O partido comezaba coas carballesas moi centradas, conseguindo mostrar moita oposición ao forte ataque de Poio. Unha defensa activa conseguía erros e perdas do rival e pouco a pouco conseguíase sacarlle proveito grazas a transladar a pelota de xeito veloz cara a portería rival. Foi así como o equipo local conseguiu poñerse do diante no marcador. A partir de ese momento as carballesas conseguiron ser máis regulares que en partidos anteriores, os erros comezan a minimizarse e isto fai que os partidos se poidan controlar máis. Nesta liña chegouse ao descanso con 15-10 no marcador.
Na segunda metade o equipo rival probou diversas situacións ofensivas, a defensa local conseguiu adapatarse e garantizar dende ahí a ventaxa no marcador. En canto ao ataque, cometeronse erros pero conseguiuse sobrepoñerse con máis rapidez que en partidos anteriores. Nesta segunda metade seguiu a aproveitarse o xogo rápido.
O equipo carballés segue a medrar a amosar moitas gañas de competir e isto foi clave para conseguir a vitoria nun frío Vila de Noia.


