O Calvo Xiria gaña ao Bm Chapela e colócase terceiro

Nos instantes antes de empezar o partido, Escolas Balonman Xiria, rendeu unha merecida homenaxe, aos exxogadores, Iván Amarelle, Carlos García e ao excapitán Pablo Iglesias. Carballo e Escolas Baloman Xiria, séntense moi orgullosos de vós.

Unha vez iniciado o partido, o Calvo Xiria, custaríalles arrincar, impreciso en defensa, e con transicións lentas viu como o marcador reflectía un 2 a 5 que non se esperaba; pero o Chapela estaba a xogar demasiado cómodo sobre a pista. Unha exclusión, pareceu espertar ao Xiria, que cun xogador menos, empezou a darlle continuidade aos ataques e perforaba a portería rival. E no minuto 10, axustou a defensa e o balance defensivo e empezaba un recital que duraría ata acabar a primeira parte (20-14).

Na continuación, uns instantes de intercambio de golpes, e o Xiria volvía impoñer un ritmo demoledor que lle levaría a adquirir a máxima vantaxe do partido 24 a 17, sendo Juanka o principal protagonista nas transicións. Quixo romper o partido definitivamente o Xiria, pero Nani na portería do Chapela, empezaba a ler ben os lanzamentos locais; permitindo recortar distancias a través de contraataques en primeira onda, e do xogo co pivote 2×2.

Chegabamos con empate a 30 goles a falta de 2 minutos. Jorge convertía un 7 metros que lle daba vantaxe momentanea ao Calvo, pero Chema Cid desde o extremo poñía de novo o empate. Chegabamos á última acción, onde o Calvo Xiria xogaría 7×6 a portería baleira e Chimpo conseguía un gol a falta de dous segundos que enchía de alegría un Vila De Noia entregado ao seu equipo.

Calvo Xiria 32 – Rodosa Bm Chapela 31

Calvo Xiria (20+12): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (2), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey, Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (4), Juanka Rodríguez (10), Manu Méndez (3), Álex Gómez, Jorge Bouzas (8), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (1).

Rodosa Bm Chapela (14+17): Juan Bautista Tizón, Jose María Cid (4), Abel Carreira, Pablo Vidal (1), Sergio Iglesias (1), Miguel Roibas, Álex Sánchez (5), Adrián Boullosa, Rubén Gómez (7), Adrián Lomba (1), Pablo Casal (1), Iago Iglesias, Xacob Novoa (5), Jacobo Rodríguez (4), Pablo Vidal (2).

Marcador cada 5 minutos: 2-5, 5-6, 10-7, 15-9, 17-11, 20-14 (descanso); 21-17, 24-17, 27-22, 28-25, 30-28, 32-31.

Árbitros: Fernando San Pedro Colorado e Gonzalo Miranda Bedate.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo primeira xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Vila De Noia, de Carballo.