O Calvo Xiria gaña e segue mirando cara arriba na táboa

 

Unha primeira parte onde o Calvo Xiria tivo que axustar o sistema defensivo; para lograr manter a igualdade no choque. No segundo tempo xogou mellor, e conseguiu vantaxes de ata 4 goles; pero os vigueses pelexaron ata o final; e coa última posesión; o Xiria realizou unha excelente defensa que lle diu a vitoria.

Ao comezo do partido; o Calvo Xiria saía en tromba (3-0); collendo por sorpresa a un Carballal; que lle devolveu o parcial, para igualar o choque. Os seguintes minutos un intercambio de golpes entre ambos os conxuntos; pero Carballal lograba un parcial favorable grazas ás recuperacións de balón que lle outorgaban unha diferenza de dous goles.

O Calvo Xiria recompúxose nos intres finais e ao descanso o marcador reflectía un axustado 12 a 13.

Tras o paso por vestiarios, a defensa do Calvo Xiria impoñía o ritmo de xogo, facendo sufrir ao Carballal en ataque. Antonio Mato apareceu cando o equipo máis o necesitaba; conseguindo manter a vantaxe cando aparecían as desigualdades numéricas e en ataque Chimpo levaba a faceta goleadora; o que obrigou ao adestrador visitante a realizar unha defensa mixta ata o final do encontro. Parecía que o partido se decantaba para o Xiria (25-22, min. 56), pero o Carballal pelexou ata ter una a última posesión e tentar empatar; onde a boa defensa local; desbarataba calquera acción de perigo para que a vitoria quedase na casa.

Calvo Xiria 25 – Gránitos Ibéricos Carballal 24

Calvo Xiria (12+13): Antonio Mato (p), Rökkvi Steinunnarson (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras, Fran Rey, Carlos Varela (1), Chimpo (9), Diego Vega (2), Diego Antelo, Manu Méndez (2), Alejandro Gómez (1), Jorge Bouzas (4), Aarón Rodríguez, Mario Cancela (1), David García (1), Edu Cousillas (4).

Granitos Ibéricos Carballal (13+11): Iago Suárez, Pablo García (3), Rodrigo Mariño, Juanjo Basante, Brais Fernández, Iván Soage (2), Samuel Barciela (1), Jorge Navarro (1), Xacob Novoa, Anxo Fontán, Alejandro López (7), Ignacio Costas, Iván Fernández, Iago Costas (7), Jose Manuel Chao (3).

Marcador cada cinco minutos: 3-2, 4-4, 6-6, 8-8, 9-11, 12-13 (descanso), 15-15, 17-16, 19-17, 22-19, 24-21, 25-24 (final).

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a décima xornada do grupo A da Primera Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).