O Calvo Xiria gaña nun gran partido contra o Embutidos Lalinense

Nos instantes antes de empezar o partido, Escolas Balonman Xiria, rendeu unha merecida homenaxe, aos exxogadores, Sergio Facal, Gonzalo Pombo e Carlos Alberto Lema “Cuco”. Carballo e Escolas Baloman Xiria, senten moi orgullosos de vós.

Os dous equipos ofreceron un espectáculo sobre o 40×20, acorde á expectación que había por ver e disputar este encontro. A afección respondeu coa mellor entrada da tempada, onde tamén puidemos ver a un bo número de afeccionados do Lalín. As dúas afeccións animaron durante todo o partido aos seus equipos, e disputaron o seu particular encontro na bancada; vibrando e vivindo do emocionante encontro, con suspense ata a última acción.

Os primeiros minutos do partido, a igualdade foi máxima; ata que o Xiria empezou a atragoarse-lle o 6:0 rival, non estaba fino na selección de lanzamentos e caía nas redes visitantes. Unha vantaxe de 3 goles, que frearon tras un tempo morto, unha vez reorganizados no ataque posicional. A defensa do Xiria atopou o equilibrio e Iago subiu o listón na portería, o que permitiu aos carballeses irse ao descanso 15 a 12 cun último gol de Dani Mallo.

Na continuación, sufría o Calvo Xiria, o seu peor momento, acompañado de 3 exclusións en 8 minutos que minguaron a defensa e o ataque, o que aproveitaría o Lalín para poñer o 17 a 19 no marcador. O equipo repúxose cos cambios e cambiaron a dinámica do encontro outra vez, grazas á faceta goleadora de Edu Cousillas, e os lanzamentos de Gabriel que permitiron abrir a defensa visitante. Chegábase aos últimos 8 minutos con emparte a 22; calquera cousa podía pasar. O Xiria conseguía poñerse por diante, pero a falta de 8 segundos unha falta en ataque permitiu ao Lalín ter a súa última oportunidade, que desbarataría Iago Gómez, a falta directa lanzada por Roberto Álvarez “Bombillas”; dando a vitoria pola mínima ao Calvo Xiria e logrando dous puntos moi valiosos na clasificación xeral.

Calvo Xiria 26 – Embutidos Lalinense 25

Calvo Xiria (15+11): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Gabriel Castiñeiras (3), Julián López, Fran Rey, Dani Mallo (3), Chimpo Rodríguez (4), Juanka Rodríguez (3), Manu Méndez (1), Jorge Bouzas (2), Mario Cancela, Adrián Losón (1), Edu Cousillas (8).

Embutidos Lalinense (12+13): Juan Henrique Lago, Ramón Gil (3), Adrián Crespo (1), Martín Losón (3), Bruno Fernández (2), Jorge López (1), Duarte Batán (2), Iván Fernández, Miguel Porto (2), Alexandre Dacosta (2), Carlos Durán (1), Iago González (1), Roberto Álvarez (1), Aser Pereira, Jose Pedreira (1), Rubén Fernández (5).

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-5, 8-8, 11-9, 12-11, 15-12, (descanso); 17-16, 17-19, 19-20, 21-22, 24-23, 26-25.

Árbitros: Carlos Rodríguez e Samuel Alonso do colexio madrileño.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo segunda xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón Vila De Noia, de Carballo.