O pasado sábado, o pavillón Vila de Noia converteuse no escenario dun emocionante enfrontamento de primeira nacional entre o Calvo Xiria, e o Balonman Culleredo. Cun ambiente vibrante e cheo de enerxía, os afeccionados déronse cita para apoiar aos seus equipos, creando unha atmosfera que prometía un gran espectáculo.
No apartado das altas e baixas; tiñamos boas e malas noticias para o Calvo Xiria; que recuperaba a Julián García; despois dun mes de baixa por un problema dun ombreiro, pero no adestramento do venres perdía a Mario Cancela, que se unía á baixa sabida do central Diego Antelo.
Nos compases iniciais, había igualdade entre ambos; pero o Calvo Xiria chegados ao minuto 7; poñíase por diante (4-3); e ía establecendo unha pequena brecha; con bo ton defensivo, e un ataque posicional fluído. Culleredo reduciu distancias no min 20 (11-9); o Calvo Xiria pasaba a ter máis dificultades en ataque posicional. Factor que corrixiu a tempo, dando a afección carballesa o empuxón que necesitaba o equipo. Ao descanso chegábase con 16 a 12.
Tras o paso por vestiarios; o Calvo Xiria poñía a directa, transicións rápidas que se transformaban en goles, onde Julián García era protagonista; e crecendo a diferenza ata +7.
No ataque posicional, David García era imparable; con 10 goles, foi o máximo realizador do partido.
Culleredo non daba o derbi por resolto; arriscaba os últimos 10 minutos con 7×6; pero a solvencia do Calvo Xiria pechaba o partido cun marcador final de 32 a 28.
Calvo Xiria 32 – Balonman Culleredo 28
Calvo Xiria (16+16): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (2), David García (10), Pablo Veiga (1), Julián García (6), Chimpo Rodríguez, Samuel Veiga, Daniel Periscal (5), Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (1), Mario García De Seárez (2), Carlos Varela (1), Diego Gago (3), Senén Garea (1).
Balonman Culleredo (12+16): Marcos Regueiro (3), Jorge López, Manuel López (1), Xoan Varela, Alejandro Gómez (9), Pedro Pereira (3), Daniel González, Iago Ferreiro (2), Iván Sánchez (3), Marco García (1), Nicolás Casal, Nuno Loxo (1), Darío Pérez, Adrián Díaz, Alejo Martínez (3), Lucas Sánchez (1).
Árbitros: César Díaz e Marcos Pérez.
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 6-3, 8-4, 11-9, 13-11, 16-12, (descanso), 20-15, 21-15, 26-19, 29-22, 30-25, 32-28 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 13ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).