Unha treintena de aficionados carballeses estivoron no Gatañal apoiando as nosas e desfrutaron do mellor encontro da xornada no que as nosas levaron os dous puntos ante un rival directo.
Cun Cangas moi serio no inicio do encontro, o Xiria tardou dez minutos en acadar vantaxe no marcado. Ós poucos as carballesas atopábanse máis cómodas en todas as facetas do xogo, mais o bo facer do ataque posicional cangués permitía a Carla Vidal anotar dende os sete metros.
Un bó final de primeira metade daba ás nosas unha vantaxe de dous goles que remataría sendo decisiva (12-14). Á volta de vestiarios a tónica foi moi semellante á da primeira metade. As nosas tardaron dez minutos en anotar o primeiro tanto e o Cangas mantivo un ritmo constante. O encontro convertiuse nun duelo de porteiras no que tanto a nosa Nadia coma a visitante Irene mantían as seus conxuntos con paradas de mérito.
Cun empate 17-17 a falta de trece minutos, Lara botou o equipo á espalda con tres tantos sucesivos e sentenciaba un encontro cunha segunda parte sen moito brillo, pero que permite ás nosas volver cos dous puntos.
Resultado final 20-22 e paso de xigante do Calvo Xiria na loita polo título. A falta de cinco encontros para o remate da liga regular o Xiria é líder con catro puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado (Bm. Reconquista Vigo). Esta semana visita Carballo o Bm. Brigantium Nunegal que xa amosou na primeira volta moito potencial e que de seguro intentará pór difíciles as cousas ás nosas.