O Calvo Xiria imponse con solvencia e afronta o tramo final con optimismo

O Calvo Xiria conseguíu unha contundente vitoria fronte o Tecdisma Octavio no Vila De Noia este pasado Sábado. A diferencia na clasificación entre os olívicos, que pechan a mesma e o Calvo Xiria, segundo, fixose notar dende os inicios e os de Carballo foron donos do encontro e do seu marcador durante os sesenta minutos. Os visitantes atopábanse con serias dificultades para batir a portería defendida por Antonio Mato e non serían quen de facelo ata superado o minuto nove. Naquel momento, os verdinegros xa gañaban por 7-1 e non baixarían o pistón en ningún momento. Os carballeses sacaban moita renda das súas contras e aumentarían as diferencias ata ese 18-7 que reflectía o electrónico no tempo de descanso.

Non houbo máis historia na continuación, xa que o Calvo Xiria seguíu amosando a mesma seriedade no seu xogo e non permitíu sorpresa algunha. As diferencias seguirían aumentando ata ese 35-16 que daba dos novos puntos para que o Calvo Xiria manteña a segunda praza a falta de tan so tres xornadas para que remate a competición.

Como noticia positiva, a reaparición de Gabriel Castiñeiras, que sumaría os seus primeiros minutos de xogo despois dun mes apartado das pistas por unha lesión no nocello, inda que  pediría o cambio a falta de dez minutos para o remate por resentirse levemente desa doenza.

Para a semana que ven, o Calvo Xiria disputa unha nova final fronte o Rasoeiro. Será un encontró moi complicado, xa que os do Grove deben de sumar puntos para evitar o descenso, feito que os convirte nun rival especialmente perigoso.

Calvo Xiria. 35. Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova, Gabriel Castiñeiras (4), Cuco (2), Julián López (4), Brais Puñal (6), Fran Rey (3), Pablo  Iglesias (2), Chimpo, Carlos García, Enrique Pena (10), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete, Iván Amarelle.

Tecdisma Octavio: 16. Yago Rivas (1), Rodrigo De Moura (2), Santi Gallego, Thiago De Oliveira (8), Martín Rial (2), David Figueirido (1), David Castiñeira, Iñaki Dacunha (1), Dani Fdez, Angel Riveiro, Rubén Rodríguez, Nahum Pérez (1), Daniel Arcila, Raul Pérez, Iao González

Parciais cada 5´: 4-0/ 7-1/ 11-2/ 14-5/ 17-7/ 18-7/Descanso/20-9/23-11/28-11/29-13/31-14/35-16/FINAL.

Colexiados: Pablo San Emeterio e Javier Ariño. Sen complicacións.

Incidencias: Xornada 27 da primeira nacional de balonmano celebrado no pavillón Vila De Noia ante trescentos siareiros.