O Calvo Xiria imponse nunha boa segunda parte(34-17)o Chapela

O Calvo Xiria imponse nunha boa segunda parte(34-17)o Chapela

As carballesas afrontaban o segundo envite da tempada, ante o Bm. Chapela, e facíao na casa, no Vila de Noia, despois da derrota a semana anterior en Moaña. Moi metidas comenzaron as locais, cun 4-1 de parcial, sólidas na defensa e finas na contra. Non serviu ese ímpetu para consolidar as distancias, sendo capaces as viguesas de equilibrar o encontro despois duns malos minutos das verdes.
No tramo final da primeira metade, as de Zarra pudieron abrir unha pequena brecha de catro goles(12-8 o descanso).
 
Na reanudación as do Xiria puxeron a directa e a partir dunha defensa que non deixaba espazos e a axuda na portería, conseguiron romper o encontro con diferencias amplas que fixeron o final do encontro doado para o Calvo Xiria(34-17).
 
A vindeira semana as de Zarra visitan a casa do gran favorito, o Bm. Cangas que conta os partidos por victorias