O Calvo Xiria logra o triunfo no seu primeiro partido a domicilio

O Calvo Xiria liquidou o seu primeiro compromiso da tempada a domicilio e fíxo na difícil pista do Bm Saeplast Cañiza. Os de Dubra foron sempre por diante no marcador cunha diferenza máxima de 4 goles que chegaría xusto antes do descanso. Os locais apertaron na segunda metade e o Xiria mantívose firme nos momentos decisivos para finalmente facerse coa vitoria.

O inicio do choque, o Bm Cañiza poñíase por diante 1-0, pero rapidamente o Calvo Xiria daba resposta a través de ataques longos onde Chimpo aproveitaba as vantaxes que xeraban, para meter os primeiros goles. En defensa o esforzo daba os seus froitos e o marcador mediada a primeira metade era de 4 a 7. Grazas ás rotacións o Calvo Xiria conseguiu manter o nivel para irse ao descanso cun favorable 10 a 14.

Tras o paso por vestiarios, Cañiza foi máis eficaz desde os 6 metros e recortaba distancias. Presionaban e conseguían superioridade numérica pero o Calvo Xiria mantivo a calma cando peor o estaba pasando e Gabriel desatascou cun gol desde o lateral dereito xogando a portería baleira. Co xogo en igualdade o Calvo Xiria reaxustouse defensivamente volvendo aos seus números da primeira metade e devolvía a máxima vantaxe; min 45 (18-22). Cañiza respondía cunha defensa mixta sobre Chimpo; onde o Calvo Xiria conseguía lanzamentos de 6 metros. A última bala local, foi poñer unha defensa 5:1 presionante; pero o Calvo Xiria tamén atopou a maneira de meter gol. Así se fraguou unha vitoria para un Calvo Xiria que quere seguir crecendo na competición.

A próxima fin de semana toca derbi. Os verdinegros viaxan á pista do OAR Coruña

Balonman Saeplast Cañiza 26 – Calvo Xiria 28

Balonman Saeplast Cañiza (10+16): Miguel Couñago; Manuel Gómez (4), Álex Rey (1), Marcos Pequeño, Saúl Candán, Jorge Martínez, Cristian Canosa (6), Javier Bernárdez (2), Javier Mera (1), Eloy Molanes (2), Adrián Losón (9) y Alejandro López (1).

Calvo Xiria (14+14): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p); Aarón Rodríguez, Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (2), Julián García (2), Chimpo Rodríguez (8), Diego Vega (3), Manu Méndez (2), Álex Gómez (6), Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (1), Mario Cancela (1), Martín Fuentes (2).

Árbitros: David Denis Alonso e Álvaro Palop Lara.

Marcador cada 5 minutos: 1-1, 2-5, 4-7, 6-9, 9-11, 10-14 (descanso), 13-16, 17-18, 18-22, 21-23, 23-25, 26-28 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 4ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no Polvorín, Cañiza (Pontevedra).