Bo comezo de partido para o Calvo Xiria; 10 minutos con ritmo, sen precipitación e conseguindo goles fáciles que lle daban unha pequena vantaxe de 2 goles. Entoábase o porteiro local, e enchufaba ao resto de xogadores, para darlle a volta ao marcador. O Calvo Xiria sufría defensivamente e mantíñase pasivo ante a proposta de ataque do Reconquista. Ao descanso chegábase con 19 a 16
Tras o paso por vestiarios, faltou concentración nos de Carballo. Sufrían unha exclusión nos primeiros compases e un parcial de 4 a 0 daba a máxima vantaxe ao cadro vigués.
Poñíase o mono de traballo a defensa do Calvo Xiria, moito máis activa; recuperando balóns e pechando espazos; poñían en dificultades ao Reconquista. Alejandro Vázquez puxo a intesidade necesaria na portería e detiña ata 3 balóns coa cara. En ataque posicional; Diego Antelo collía os mandos desde o central e ordenaba aos seus. Aos poucos a diferecia foise recortando para chegar aos últimos 5 minutos; 29 a 28 e todo por decidir. Despois do último intercambio de goles, con protagonismo para Labartete e Chimpo (32 a 32); o Calvo Xiria tiña a última posesión a falta de 20 segundos. Xogoulla o Xiria con 7×6 ante o 5:1 local. A superioridade xeraba un lanzamento desde o extremo dereito, onde Rubén Anes diu a vitoria ao Calvo Xiria.
Balonmano Reconquista de Vigo 32 – Calvo Xiria 33
Balonmano Reconquista de Vigo (19+13): Celso Alonso (2), Iago Vidal (2), Alejandro Gómez, Javier Freijeiro (6), Sergio Altirriba (1), Yeray Simes, Pablo González, Iago Rivas (5), Xosé Henrique Costas, Anxo Fontán (4), Agustín Franco (8), Hugo Alonso (1), Sergio Millán, Asier Vázquez (3).
Calvo Xiria (16+17): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (1p), Aarón Rodríguez (5), Gabriel Castiñeiras (2), David García, Fran Rey, Julián García (6), Chimpo Rodríguez (8), Ángel Viña, Diego Antelo (3), Jorge Bouzas, Rubén Anes (4), Carlos Varela, Mario Cancela (5).
Árbitros: Marcos Pérez e Alberto Fernández.
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 4-6, 9-7, 12-10, 15-13, 19-16, (descanso), 23-16, 25-21, 25-24, 27-26, 29-28, 32-33 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 27ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón As Travesas (Vigo).