O Calvo Xiria ofreceu unha gran vitoria á súa afección

O Calvo Xiria fixo unha excelente primeira metade, na que estivo sempre por diante no marcador e chegou a situarse ata 5 goles por diante, Reconquista demostrou o seu nivel e recortou diferenzas de fronte ao segundo período; pero o Calvo Xiria manexou ben a renda e mantivo a calma nos momentos máis complicados para facerse cos dous puntos.

Bo inicio de partido por parte dos dous equipos; tratando de impoñer o seu plan de partido; antollábase igualado. Pero o Calvo Xiria axustou ben en tarefas defensivas co paso dos minutos e a claridade de ideas no ataque posicional, fixando e xogando para o compañeiro daba coa máxima diferenza; 13 a 8. Reconquista reorganizaba filas, e a través de Guille atopou o gol que necesitaba (15 a 12). A última posesión para o Calvo Xiria acabaría en golpe franco e co tempo acabado antes de encarrilar o camiño a vestiarios, Gabriel facía un gol espectacular coa barreira situada a 3 metros. (16 a 12)

Na reanudación; Reconquista posicionou unha defensa 6:0 máis agresiva, e o Calvo Xiria tivo dificultades para superala. Pouca continuidade e continuas faltas non axudaban en demasía a buscar mellores situacións de lanzamento; pero o traballo defensivo que estaban a realizar seguía o camiño marcado e mantiña o marcador favorable aos seus intereses. Con 25-23, recuperaría un balón que puido sentenciar ao contraataque pero Jorge non puido refrendar a súa boa actuación defensiva xa que se atopou con Raúl na portería. Reconquista poñíase a un gol. A falta de 50 segundos; soubo manter a calma e unha boa combinación en ataque dáballe o gol a Gabriel para sentenciar o choque (27 a 25).

Dous puntos que sitúan ao Calvo Xiria quinto clasificado, xusto por diante de Reconquista.

Calvo Xiria 27 – Balonmano Reconquista de Vigo 25

Calvo Xiria (16+11): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Julían García, Gabriel Castiñeiras (5), Hugo Rodríguez (3), Carlos Guisasola (3), Diego Vega (3), Diego Antelo (2), Manuel Méndez (4), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas, Carlos Varela, Mario Cancela (6), David García (1).

Balonmano Reconquista de Vigo (12+13): Raúl Pérez (p), Yeray Simes (p), José Luís Arosa, Pablo Gayoso (3), Héctor Soage (6), David Castiñeira, Javier Freijeiro, Guillermo Fernández (3), Pablo Garrido (1), Iago Rivas, Agustín Franco (5), Carlos Gehrhardt, Iago Fernández (1), Manuel Ángel Iglesias (6).

Parciales cada 5 minutos: 2-1, 4-3, 8-6, 13-8, 14-10, 15612, (descanso), 19-14, 21-17, 23-20, 25-22, 25-23, 27-25.

Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.

Incidencias: Partido correspondente a 21ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).