O Calvo Xiria, pasa rolda na Copa

Nun típico encontro de pretemporada, o Calvo Xiria superou pola mínima ao Luceros de Cangas e pasa a seguinte rolda, onde se enfrentará ao ATL. Novás, conxunto que este ano competirá na categoría de prata do balonmano nacional.

Os de Carballo afrontaban o envite con tan só dúas sesión de preparación, polo tanto, as rotacións facíanse imprescindibles na búsqueda de minutos e carga de traballo para todos os xogadores, máis si cabe, cando a calor que facía no Gatañal era asfixiante.

Foi un partido igualado, cas imprecisións propias das alturas de preparación na que nos encontramos. Nos primeiros trinta minutos e despois dun 2-0 a prol dos do Morrazo, o Calvo Xiria dominaría no marcador, inda que con curtas vantaxes que alcanzaron un máximo de dous goles de renda. No descanso, o electrónico reflectía un 13-13 que aparcaba o desenlace cara a reanudación.

O segundo acto transcurríu de xeito similar nos primeiros minutos, pero chegando o meridiano deste tempo e grazas a boa defensa e ao contraataque, os carballeses chegarían a ter até cinco goles de vantaxe. Os erros posteriores e as precipitacións no posicional, daban a posibilidade de achegarse aos de casa, pero na derradeira acción e a falta de quince segundos, o Calvo Xiria foi quen de aguantar o balón e conseguir esa vitoria pola mínima que lle da o pase a seguinte rolda.

O encontro contra o Novás, disputarase o Sábado día 25 no Vila De Noia.

BM. Luceros: 25 (13+12). David Iglesias (5), Dani Sierra, Carlos Veloso (3), Javier Figueroa (1), Dasilva (4), Pedro Parcero (3), Yeray Sines, Oscar, Pedro Cerqueira, Malte Wodarz (1), Angel Rodríguez (1), Fandiño, Eloy Molanes (1), Miguel Pousa (1), Pablo (3), David Fonseca (2), Pepe Camiña, Javier Fernández.

Calvo Xiria: 26 (13+13). Iago Gómez (p), Santi Oreiro, Carlos García (2) Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (3), Julián López (1), Brais Puñal (1), Fran Rey, Pablo Iglesias, Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (3), Alejandro Calvete (2), Chimpo (4), Enrique Pena (1).

Colexiados: Silvia Vázquez e Alberto Fdez. Non influiron no resultado final.

Incidencias: 2ª xornada da Copa celebrada no pavillón O Gatañal ante cento cincuenta seareiros.