O Calvo Xiria pecha a liga en Redondela, con vitoria

Acabou a liga de primeira nacional para o Calvo Xiria; e fíxoo de maneira ilusionante fronte ao reto que ten por diante.

O seu rival SAR Plastic Omnium, atopouse na primeira parte a un equipo enchufado desde o apartado defensivo e rápido ao contraataque que gañaba o minuto 15; por 4 a 11. SAR foi entoándose no partido e gañando en intensidade; o que agradeceu o público asistente; que a partir de aí viu un partido máis igualado. Os xogadores brindaron unha boa primeira parte con 12 a 18 no marcador.

A volta de vestiarios; o Calvo Xiria seguiu co seu ritmo habitual; e os locais aguantaron ata o minuto 15; cando de novo cobrou a máxima vantaxe o cadro bergantiñan; 19 a 28. O partido non perdeu intensidade a pesar do resultado e de que os dous conxuntos non se xogaban nada. Polo que foi unha boa proba para o Calvo Xiria  cara a disputa do seu gran obxectivo; a fase de ascenso.

Agradecer ao SAR Rodavigo e SAR Plastic Omnium o honorable xesto realizado antes do comezo do partido, donde realizaron un pasillo para a saída do Calvo Xiria. Grazas de parte do toda a familia de Escolas Balonman Xiria!!

Sar Plastic Omnium 25 – Calvo Xiria 32

Sar Plastic Omnium (12+13): Manuel Piñeiro (5), David Vázquez (1), Alexandre Cernadas (1), Iago Vidal (8), Francisco Javier Vidal (1), Javier Rivas (1), Pablo Sánchez, Iván Vázquez (2), Lois Lago (2), Daniel Pereira, Mario González (2), Hugo López, Álvaroo Cameselle, Iago Docal.

Calvo Xiria (17+20): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (6), Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey, Daniel Mallo (4), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (3), Juanka (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (4), David García (3), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (3).

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 2-6, 4-11, 6-12, 9-15, 12-18, (descanso); 13-21, 16-21, 19-24, 19-28, 22-29, 25-32.

Árbitros: Elena Rivas e Julio Villanueva.

Incidencias: Partido correspondente á trixésimo xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón A Bombonera, en Redondela.