O Calvo Xiria pecha unha fin de semana de gran actividade cunha derrota

O Calvo Xiria caeu ante un Base Oviedo que amosou ser un dos claros candidatos á División de Honra Prata.

Calvo Xiria 24 – 35 Unión Financiera BM Base Oviedo

O conxunto asturiano aterrizou en Carballo cun amplo plantel dun gran nivel, como clara mostra, a presenza do arxentino Gonzalo Carou, e fíxoo ante un Calvo Xiria que non saltou todo o ben que debería á pista, algo que propiciou que Adrián Dubra a pedir un tempo morto que fixo o debido efecto e que lle permitiu aos carballeses chegar con opcións de todo ao tempo de lecer.

Nestes últimos vinte e cinco minutos da primeira metade, a cara mostrada polos locais debe de ser a traxectoria a manter de cara ao comezo ligueiro para o cal os recén subidos ao primeiro plantel dende os xuvenís, amosaron dar un paso á fronte, mellorando día tras día.

Tralo paso por vestiarios, o partido seguiría coa mesma dinámica e a pesares do cambio táctico do Calvo Xiria en faceta defensiva, a desvantaxe non ía a menos no marcador e iso sumado á gran actuación do porteiro asturiano, sería aproveitado polo conxunto visitante para aumentar a súa renda ata o definitivo 24-35.

A pesares do que di o resultado final, as sensacións non foron malas para un Calvo Xiria que segue dando pasiños en firme para chegar no punto óptimo ao inicio de liga.