O Calvo Xiria perde a domicilio nunha mala segunda metade

O Calvo Xiria estivo a piques de lograr unha importante vitoria na súa visita ao pavillón municipal de A Cañiza na 12ª xornada da Primeira Nacional, nun emocionante encontro que rematou cun axustado 28-27 a favor do equipo local.

O encontro comezou con intensidade, pero os primeiros minutos foron de igualdade. No minuto 10, o marcador reflectía un empate a 6 goles, grazas á solvencia ofensiva do equipo ca participación goleadora de case a totalidade dos xogadores; unha das claves no ataque do Calvo Xiria ao longo do partido.

Na primeira metade, o Calvo Xiria logrou romper a igualdade no marcador chegados o minuo 15 ante un Saeplast A Cañiza, que se viu superado antes de chegar o descanso por 12 a 17.

Parecía que o Calvo Xiria se amosaba superior; pero o Bm Cañiza cambiaba os papeis; a intensidade local, recortaba diferenzas e a falta de 15 minutos para o final, empate a 23 goles. O Xiria recaía nos erros dos partidos pasados saíndo moi fríos do vestiario.

A presión recaía agora do lado visitante; que estaba vendo como se lle escapaba un encontro que tiñan ven encarrilado. Loitou o Calvo Xiria pero apareciu Jesús Veiga na portería para poñer as cousas máis difíciles. O Cañiza por diante no tiña presa e o Calvo Xiria trataba de apretar cunha defensa presionante que deu o seus froitos, para chegar a falta de 10 segundos, con posesión de balón; nunha acción que ben puido ser 7 metros a favor do Calvo Xiria, pero que os colexiados non o estimaron así, polo que o marcador quedou en 28 a 27 favorable a Bm Saeplast Cañiza.

A pesar do resultado, o Calvo Xiria demostrou carácter e unha gran capacidade para competir ata o último segundo, que ten que ser o reflexo dos seguintes encontros.

Próxima cita: Derbi entre o Calvo Xiria e o Balonman Culleredo, donde o equipo regresará á casa para buscar sumar dous puntos e seguir crecendo nesta apaixonante tempada.

Forza Xiria!

Balonman Saeplast Cañiza 28 – Calvo Xiria 27

Balonman Saeplast Cañiza (12+16): Xosé María González, Daniel Luisquiños, Thiago José Teixeira (2), Manuel Alejandro Gómez (6), Jesús Veiga, Alejandro López (1), Álex Rey (2), Juan Fernando Florentín (1), Marcos López, Alberto Hernández (3), Rubén López (5), Jorge Martínez, Ismael Gómez (3), Javier Bernárdez (4), Jesús Rivera, Oscar Guerrero (1).


Calvo Xiria (17+10): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (5), Gabriel Castiñeiras (5), David García (1), Pablo Veiga, Chimpo Rodríguez (1), Samuel Veiga (1), Daniel Periscal (3), Diego Antelo (1), Jorge Bouzas, Mario García De Seárez (2), Carlos Varela (1), Diego Gago (2), Mario Cancela (5), Senén Garea.


Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.


Marcador cada 5 minutos: 4-2, 6-6, 7-9, 9-12, 10-14, 12-17, (descanso), 16-19, 20-22, 23-23, 24-23, 25-25, 28-27 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 12ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón mpal de A Cañiza (Cañiza).