O Calvo Xiria perde diante dun Disiclín Balonmán Lalín que xogou mellor

Un partido con moitas emocións, intenso, estratéxico e igualado ata o minuto 20 onde o Lalín abriu unha pequena brecha da que se refíxo o Calvo Xiria. Pero ao comezo da segunda parte atascouse no ataque posicional; indo a remolque todo o tempo. Non deixou de probalo o Calvo Xiria, que lle servirá para crecer e seguir pelexando polas cotas altas.
Na primeira parte; Manu empezaba abrindo o marcador. O Calvo Xiria, marcaba o ritmo desde a defensa e Tomás mantiña aos seus desde a portería. Aos poucos o Disiclín Balonmán Lalín, foise atopando máis cómodo sobre a pista, no minuto 20 conseguía unha lixeira vantaxe; onde está vez Antonio, lograba manter ao Calvo Xiria no choque. Iamos ao descanso cun gol sobre a bucina de Diego Vega, que deixaba o marcador en 10 a 12.

Nos segundos 30 minutos, a defensa de Lalín subía o listón; o Calvo
Xiria non atopaba os espazos para atacar, e pegábase a miúdo co
bloque central. A distancia íase ata os 6 goles. Ante as dificultades en
ataque, o Xiria, poñíase a traballar en defensa para recuperar balóns e recortar á contra; reduciu distancias, (16-19); pero apareceu de novo Tomás que non deixou que o Calvo Xiria se metese de cheo no partido.
Os minutos que restaban, houbo bastantes imprecisións cos dous
equipos buscando a vitoria; pero a distancia non puido reducirse e
Lalín levou os dous puntos.

Calvo Xiria 21 – Disiclín Balonmán Lalín 24

Calvo Xiria (10+11): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras, Fran Rey, Carlos Varela, Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega (1), Diego Antelo (1), Manuel Méndez (1), Alejandro Gómez (3), Jorge Bouzas (5), Aaron Rodríguez (1), Mario Cancela, Edu Cousillas (2).

Disiclín Balonmán Lalín (12+12): Tomás Villarroel (p). Iago González
(p), Juan Lago, Ramón Gil (2), Adrián Crespo, Martín Losón (1), Bruno
Fernández, Jorge López (1), Miguel Porto (5), Román Pedreira (5), Alexandre Dacosta (4), Javier Iglesias (1), Roberto Álvarez (3), Pedro Toimil (2), José Pedreira, Xabier Fernández.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-3, 5-5, 7-7, 7-10, 10-12, (descanso); 10-14, 13-16, 16-19, 16-22, 19-23, 21-24.

Árbitros: Daniel Álvarez e Luis Medio.

Incidencias: Partido correspondente a duodécima xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).