O Calvo Xiria perde en Pontevedra a pesar do bo facer defensivo

Un mal inicio de encontro no ataque posicional; marcou a primeira metade; que no minuto 15 reflectía 9 a 2. O Calvo Xiria diu os dotes de mando a Pablo Veiga no posto de central e os ataques empezaron a fluír. Aos poucos atopábanse mellores situacións de lanzamento que xeraban a través do seu particular xogo en velocidade. Por iso é polo que nos fomos ao descanso 14 a 10.

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria seguía co seu bo facer defensivo; axudando tamén Darío desde a portería para chegar ao minuto 45, 17 a 16. Seguiu buscando poñerse por diante, pero cando tivo a oportunidade de facelo, non rematou, e Teucro aproveitouno para quedar cos dous puntos en xogo.

Lirón S.D. Teucro 22 – Calvo Xiria 21

Lirón S.D. Teucro (14+8): Miguel Jimenez, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo (1), Brais Cerviño, Martín Fernández, Martín González, Caue Herrera (4), Oscar Paredes, Sergio Blond (2), Marcos Vinicius (4), Rhuan Marchette (3), Miguel Roberto Sio (3), Federico De Carlos, Ález Sánchez (5), Sergio Cortizo.

Calvo Xiria (10+11): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p); Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (2), Fran Rey, Chimpo Rodríguez (6), Diego Vega (1), Pablo Veiga (5), Manu Méndez (1), Álex Gómez (1), Jorge Bouzas (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela (1), Martín Fuentes.

Árbitros: Marcos Pérez e Alberto Fernández.

Marcador cada 5 minutos:4-2, 7-2, 9-2, 10-6, 13-9, 14-10,(descanso), 16-12, 16-12, 17-16, 19-17, 22-21(final).