O Calvo Xiria perde o derbi, nunha imprecisa segunda parte

O Calvo Xiria recibía na tarde do sábado ao OAR Coruña no Vila de Noia nun novo derbi. Os dous equipos pasaban por momentos diferentes e obxectivos distintos en canto a resultados e clasificación. Pero sempre é un partido cargado de emoción; que tanto os xogadores como as afeccións viven de maneira diferente á habitual.

A primeira metade, o conxunto visitante, estivo case todo o tempo por diante; chegando mesmo a ter unha diferenza de 4 goles (4 a 8, min 8), pero o Calvo Xiria, mellorou en todas as súas fases e non só logrou igualar senón que lle diu a volta ao marcador no minuto 26 con gol de Mario Cancela (15 a 14). O intercambio de golpes dos instantes finais; propiciou que se chegase ao descanso con 17 a 17.

O partido foise rompendo na segunda metade; o Oar máis acertado de fronte o gol; conseguía romper a engrenaxe defensiva dun Calvo Xiria; que ademais fallaba en exceso na liña de 6 metros.

A precipitación apoderouse do conxunto do Xiria, que quería recortar con demasiada présa e pouca claridade; o que rompeu o partido definitivamente. Os últimos dous goles do partido correrían á conta dos xuvenís Pablo Veiga e Marcos Amarelle; para deleite dun público que animou sen cesar a pesar da derrota do seu equipo.

A semana que vén o Calvo Xiria viaxa ata Vigo para enfrontarse ao Reconquista de Vigo, e romper a serie dos últimos resultados.

Calvo Xiria 25 – Attica 21 Hotels Oar Coruña 34

Calvo Xiria (17+8): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras, David García (2), Fran Rey (1), Pablo Veiga (1), Julián García, Chimpo Rodríguez (9), Daniel Periscal (2), Diego Antelo, Jorge Bouzas, Carlos Varela (1), Marcos Amarelle (1), Mario Cancela (4).

Attica 21 Hotels Oar Coruña (17+17): Mauro Jaureguiberry (6), Pablo Martínez (6), Pablo Fernández (3), Juan Pereira, Joel Rabade, Kevin Dacosta (1), Juan Carlos Rodríguez (3), Adrián Pérez, Miguel Ángel Simón, Diego Martínez (7), José Manuel García, Santiago Gómez, Richard De Jesús, Matías Salvador (3), Diego Gago (1), Francesco Aragona (4).

Árbitros: .Francisco Fernández e Daniel Álvarez

Marcador cada 5 minutos: 3-5, 6-8, 10-10, 11-13, 14-14, 17-17, (descanso), 18-19, 20-22, 21-24, 23-29, 23-32, 25-34 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 26ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).