O Calvo Xiria perde puntos merecidos na Guarda

O Calvo Xiria perde puntos merecidos na Guarda

O Calvo Xiria desplazouse ata A Guarda na tarde do sábado para enfrentarse o filial do At. Guardés, rival en postos de Final Four con esta victoria. A actitude do equipo carballés foi encomiable nun encontro onde as de Zarra saíron con carácter obligando ás pontevedresas a pedir un tempo morto nos primeiros compases do encontro. Nos primeiros vinte minutos as verdes dominaron no electrónico a partir dunha gran defensa e cas ideas moi claras no ataque(6-10, min. 20). Na última parte do primeiro acto algúns erros nos pases propiciaron goles rápidos das locais botando por terra a gran labor realizada ata o momento(13-13, descanso)

Xa no segundo tempo a igualdade foi a tónica xeral, quizais cunha defensa algo máis fráxil que nos primeiros momentos pero no ataque, a pesar dos erros diante da guardameta, as carballesas conseguían mandar ata chegar con dous goles de vantaxe ós derradeiros segundos. Con dezaseis segundos por disputarse con unha xogadora menos e despois dun tempo morto, as verdes non conseguiron amarrar esa posesión e na perda o árbitro otorgou o equipo local oito segundos de posesión despois de cometer un erro no saque de banda, que lles permitiu aproveitar a superioridade para anotar no último segundo. Situación que botou o traste un gran traballo de todo o equipo na Guarda.

A vindeira semana as carballesas recibirán ó AD Carballal no Vila de Noia, nun encontro que se presume decisivo para evitar os postos de descenso.