O Calvo Xiria comezou a segunda volta da competición cunha derrota ante o Teucro por 29-33 nun partido igualado no Vila de Noia. Os pontevedreses foron sempre por diante no marcador con distancias que non pasaron dos catro goles, nun partido no que foron clave a defensa e a portería visitante e no que os locais non acertaron nos minutos finais tras lograr a igualada.
Durante a primeira parte os visitantes mandaron no marcador con pequenas vantaxes, liderados en ataque por Sergio Wagner, en tanto que no Calvo Xiria brillaba un gran David García Pichel, máximo anotador do encontro con oito goles. Tras un inicio dubitativo do Xiria, o Teucro poñíase 2 a 6, solicintado tempo morto o cadro local, para tratar de cambiar a dinámica do encontro. A partir de aí ambos equipos facían dano na portería rival, xogando con máis velocidade e dinamismo; chegando ao descanso con 15-19 no marcador.
A segunda metade comezaba moi ben para os carballeses, que cun parcial de 3-0 poñíanse a un de distancia aos cinco minutos, pero non lograban fraguar a remontada. Houbo que esperar ao minuto 14 para igualar o encontro cun gol de Mario Cancela. Os carballeses souberon repoñerse nos momentos complicados, pero mostráronse atrancados e desacertados na recta final, o que unido ao bo facer da defensa e a portería pontevedresa impediu a remontada. Así, chegábase ao final dos sesenta minutos con 29-33 no marcador.
O Calvo Xiria xa se prepara xa para visitar na próxima xornada ao Lalín.
Calvo Xiria 29 – Lirón Teucro 80 Aniversario 33
Calvo Xiria (15+14): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), David García (8), Pablo Veiga, Julián García (5), Chimpo Rodríguez, Samuel Veiga, Daniel Persical (1), Orlando Salupassa (1), Jorge Bouzas (1), Mario García De Seárez, Carlos Varela (2), Diego Gago (2), Mario Cancela (6), Senén Garea.
Lirón Teucro 80 Aniversario (19+14): Miguel Jímenez, Sergio Wagner (6), Roi González, Andrés Pérez (1), Miguel Monteagudo (3), Brais Cerviño, Martín González, Caue Herrera (3), Ricardo Antón (6), Eloy Krook (3), Rhuan Marchette (3), David Pintos, Gonçalo Areias (4), Daniel Vicente (4), Sergio Cortizo.
Árbitros: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso
Marcador cada 5 minutos: 2-3, 4-6, 9-12, 12-15, 14-18, 15-19, (descanso), 18-19, 19-23, 24-24, 24-27, 26-30, 29-33 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón de Vila de Noia (Carballo).


