O Calvo Xiria pesca un punto no derradeiro suspiro(29-29)

O Calvo Xiria pesca un punto no derradeiro suspiro(29-29)

Unha mágoa non poder haber conseguido un triunfo no que probablemente foi o encontro máis completo do Calvo Xiria nesta tempada contra o que vai rematar na segunda posición da táboa, o UB Lavadores.

As carballesas comezaron o encontro algo dubitativas, sobre todo no ataque, onde as viguesas lograron alcanzar as primeiras vantaxes(2-5), pero as verdes foron quen de reaccionar a partir dunha defensa extraordinaria, que lle permitiu anotar con máis facilidade nas contras. Por momentos, a presión defensiva maniatou ás do Lavadores que encadenaban perdas de bola, mentres que as locais seguían sumando no ataque, cunha Lara Souto moi inspirada de cara a porta(16-11, descanso).

Xa na reanudación, e como podía ser esperado, a UB Lavadores conseguiu equilibrar o electrónico, aproveitando unha serie de erros no lanzamentos das coruñesas. O encontro de aqui en adiante foi moito máis igualado, con alternativas para ambos conxuntos pero esta vez por diante para as visitantes con distancias que non superaban nunca os dous goles. Xa no final, con dez segundos no electrónico e na saída do derradeiro tempo morto do Calvo Xiria, unha acción individual de Nerea Varela aproveitando o espacio xenerado sobre a presión da lateral esquerdo local, valeu para sumar un punto e deixar boas sensacións de cara a este final de tempada.

O domingo que ven, a partir das 13:00 h disputarán o último encontro da 1ª Autonómica nestra temporada