Unha primeira metade, onde o Calvo Xiria exhibiu un gran xogo, tanto en ataque como abrigo nas fases defensivas; o repregamento e a defensa posicional, axudaron a que Antonio Mato fose un dos protagonistas principais do partido. Ao descanso chegouse con 14 a 8; cun último gol de Gabriel Castiñeiras.
Xa na segunda metade, o Calvo Xiria tivo algúns problemas no balance defensivo, uns minutos de perda de concentración, que aproveitou o Lalín para meter goles fáciles. As diferenzas mantíñanse grazas tamén ao acerto ofensivo. A máxima alcanzouse a falta de 15 minutos (20 a 13).
O Balonman Lalín non daba o seu brazo para torcer; Iago aparecía en portería e aos poucos reducía a renda que tiñan o Calvo Xiria. Pedro Toimil poñía o 23 a 20, a falta de pouco máis de 3 minutos para o final. O traballo defensivo mantiña as distancias ata o último minuto onde Aaron Rodríguez marcaba cando os visitantes presionaban a toda a pista e Mario Cancela pechaba o marcador cun contraataque final para aumentar a diferenza aos 5 goles.
Calvo Xiria 25 – Disiclin Balonmán Lalín 20
Calvo Xiria (14+11): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (6), David García (3), Pablo Veiga, Julián García, Diego Antelo (1), Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (1), Mario Garcia de Searez (2), Carlos Varela (2), Diego Gago, Mario Cancela (3), Senén Garea (1), Edu Cousillas (5).
Disiclin Balonmán Lalín (8+12): Alejandro López (p),Iago González (p), Juan Lago (2), Ramón Gil (4), Adrián Crespo (2), Martín Losón, Miguel García, Pablo López, Roi Sierra (2), Miguel López (3), Xabier Fernández, Xosé Cuíña, Pedro Toimil (3), Adrián Ferradas (1), Adrián Losón, Víctor Hidalgo (3).
Árbitros: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-4, 6-5, 8-6, 13-7, 14-8, (descanso), 16-9, 18-13, 20-13, 22-16, 23-19, 25-20 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 2ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).