O Calvo Xiria prolonga o seu bo estado de forma

O Calvo Xiria; deixa practicamente pechada a permanencia na Primeira Estatal; tras sumar dous puntos de ouro na pista do Bm Ribeiro.

Os carballeses impuxéronse por 23-26 nun igualado encontro ao que chegaron minguados polas lesións; ademais a disputa da final4 xuvenil, deixou ao equipo sen Brais Puñal, nin Pablo Veiga; pero a fortaleza do grupo e abrigo a afección, fixéronse notar en O Consello, para finalmente facerse coa vitoria.

A primeira parte foi igualadísima, ata o punto de chegar ao último minuto con 13 a 13 no marcador; onde o acerto en ataque posicional con dous goles desde os extremos, unidos a unha intervención de Antonio Mato, soberbio durante gran parte do partido, deron unha vantaxe ao Calvo Xiria de dous goles ao descanso.

A segunda metade, gozouse de moita intensidade por parte de ambos equipos. Cun Calvo Xiria sempre por diante no marcador, pero coas mínimas diferenzas. O partido podería irse para calquera parte. A boa xestión dos últimos 5 minutos, decantou o partido en favor dos intereses dun Xiria que o celebrou ao grande, xunto a unha afección espectacular durante o encontro.

A seguinte cita será en casa #ante o líder o Landbit Lanzarote.

Carnes DoRibeiro-Ourense Provincia Termal 23 – Calvo Xiria 26

Carnes DoRibeiro-Ourense Provincia Termal (13+10): Ángel Taboas, Roi Sierra (3), Pablo Álvarez, Nicolás Vizcaya, Celso Ramón Sotelo (3), Pablo Lorenzo (2), Joel Colmenero, Ángel Riveiro, Xacob Novoa (4), Mateo González, David Costa (2), Nicolás Alberte (5), Xoel Martínez (1), Jacobo Soto (3), Rubén González, Manuel Cerviño.

Calvo Xiria (14+12): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Julián García, Chimpo Rodríguez (7), Diego Vega (2), Diego Antelo, Manu Méndez (5), Álex Gómez, Carlos Varela (1), Mario Cancela (3), Martín Fuentes (5).

Árbitros: Pablo González e Samuel Prieto.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-6, 8-7, 9-9, 12-12, 13-15, (descanso), 14-16, 16-18, 17-19, 18-20, 21-22, 23-26, (final).

Incidencias: Partido correspondente a 27ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón O Consello (Ribadavia).