O Calvo Xiria queda sen opcións cunha liña defensiva que debe mellorar

O Calvo Xiria queda sen opcións cunha liña defensiva que debe mellorar

O Calvo Xiria sufriu na súa visita a Cangas unha nova derrota, algo no que tivo moito que ver a feble defensa mostrada polos verdinegros, tal e como evidencian os moitos goles encaixados.

O equipo debe mellorar neste aspecto, poñerse o mono de traballo e corrixir certos erros que se veñen dando nos últimos choques.

Os de Cangas lograban romper o partido no minuto 15 (11 a 6); unha vantaxe moi cómoda que souberon administrar antes de chegar ao descanso onde a diferenza seguía sendo a mesma (19 a 14).

A segunda metade, o Calvo Xiria tratou de recortar diferenzas, pero a eficacia goleadora dos locais impedíalles achegarse, non era capaz o Calvo Xiria co 6:0.

Con 30 a 25 e a falta de 10 minutos; cambiaba o sistema defensivo a 5:1, pero esta vez non obtivo o éxito que esperaba. O marcador final (39 a 32), reflicte ás claras onde estivo a chave do encontro.

O Calvo Xiria ten unha nova cita o vindeiro xoves, día no que visita Carballo; o OAR coruñes (21:00), nun partido adiantado da sétima xornada de liga da fin de semana.

El Calvo Xiria tiene una nueva cita el próximo jueves, día en el que visita Carballo; el OAR coruñes (21:00), en un partido adelantado de la séptima jornada de liga del fin de semana.

Automania Luceros 39 – Calvo Xiria 32

Automania Luceros (19+20): Mateo Pallas (p), Javier Fernández (p), Javier Iglesias (4), Carlos Menduíña, Manuel Pérez (7), Alexandre Gallego (3), Pablo Fernández (1), Martín Fuentes, Iago Iglesias (3), Manuel Rodríguez (2), Manuel Magdaleno, Salvador Montes, Miguel Pousa (1), Gael Blanco (5), Juan Rodríguez (7).


Calvo Xiria (14+18): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (5), Julián García (1), Diego Antelo (1), Orlando Salupassa (1), Jorge Bouzas (1), Mario Garcia de Searez (1), Carlos Varela, Diego Gago (2), Mario Cancela (12), Chimpo Rodríguez (5), Senén Garea, Edu Cousillas (2).


Árbitros: Fermín Rodríguez e Pablo Sola.


Marcador cada 5 minutos: 3-3, 7-5, 11-6, 13-9, 15-11, 19-14, (descanso), 24-18, 27-21, 29-22, 31-25, 34-28, 39-32 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 6ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón O Gatañal (Cangas).