O Calvo Xiria da Primeira Autonómica femenina pechou o ano cun valioso empate nunha pista sempre difícil como é o Pavillón de Cabral, onde se mediu á escuadra local, a AD Carballal.
O encontro comezou con imprecisións en ambos lados, nun campo onde as condicións do frío foron perdendo efecto co paso dos minutos. Nesa primeira parte do xogo as carballesas estiveron cómodas, indo por riba aínda que con diferenzas curtas ata ben entrada a primeira metade, pero os erros no final do periodo fixeron que as viguesas marcharan por diante no encontro(12-11 ó descanso).
No segundo tempo as protagonistas foron as gardarredes mostrando o seu bo facer e dando boa conta dos ataques. Despois dun tira e afrouxa onde as alternancias no electrónico se sucedían, chegaron a unha derradeira posesión para que as carballesas trouxeran os dous puntos, pero non puideron materializar a acción que marchou fora por moi pouquiño.
Este punto a domicilio serve ás do Xiria para finalizar o ano a falta de tres xornadas para finiquitar a primeira volta na quinta posición da táboa


